Obradoiros de informática para as ANPA

A Federación Provincial de ANPA de Pontevedra en colaboración coa rede de dinamización do concello de Pontevedra oferta tres obradoiros de informática. Estes terán unha  duración de 2 días, cun total de 4 horas cada un.Serán  os martes e xoves de 19:00 a 21:00 no Pazo da Cultura de Pontevedra

1)Obradoiro de Iniciación a informática. Os días 13 e 15 de maio

1.Conceptos básicos
2. Primeiros pasos
2.1. Acendendo o ordenador
2.2. Uso do rato
2.3. Apagando o ordenador
3. O escritorio
3.1. Elementos do escritorio
3.2. Traballar con ventás
4. Arquivos e carpetas
4.1. Creación de carpetas e subcarpetas 4.2. Propiedades dos arquivos e carpetas 4.3. Cambiar o nome aos arquivos e carpetas 4.4. Seleccionar un arquivo 4.5. Copiar, mover e pegar 4.6. Eliminar arquivos e carpetas 4.7. Copias de seguridade e/ou transporte da información 4.8. Atopando un arquivo perdido (ou carpeta) 5. Accesorios de Windows 5.1. Edición básica de textos

2)Obradoiro de Iniciación a internet. Os días 20 e 22 de maio

1. Introdución. Internet: A rede de redes
2. ¿Que preciso para acceder a Internet?
3. ¿Que servizos me ofrece Internet?
4. Navegadores de Internet
5. Ligazóns de interese

3)Obradoiro de Creación dunha conta de Correo electrónico. Os días 27 e 29 de maio

1.¿Que é o correo electrónico e para que serve?
2.Vantaxes do uso do e-mail
3.Pasos para a creación dun e-mail
4.Pasos para a creación do e-mail na web “mail.google.com"

Os obradoiros son gratuitos para as ANPA federadas

Para inscribirse:
E-mail: info@nontedurmas.org
Teléfono: 986 84 34 12