Comedores da Xunta de xestión directa e indirecta

DOCUMENTACIÓN A ENTREGAR PARA A APERURA DUN COMEDOR ESCOLAR XESTIONADO POLA ANPA DUN CENTRO:

  1. Anexo I da orde do 21 de febrero de 2007 (DOG do 5 de marzo), pola que se regula a organización, funcionamento e xestión do servizo de comedor escolar nos centros docentes públicos non universitarios dependentes da Consellería de educación e ordenación Universitaria.
  2. Certificación do acordo do Consello Escolar no que se solicita a apertura do servizo de comedor escolar.
  3. Proposta sobre a modalidade de xestión do servizo e xustificación dela.
  4. Calendario e horario de funcionamento.
  5. Número de comensais para os que se solicita o servizo e capacidade do local destinado a comedor.
  6. Localización no centro das distintas dependencias do servizo de comedor escolar, planos e informe de necesidades de adaptación e, se for o caso, mobiliario acorde coa normativa vixente.
  7. Informe de inspección de Saúde Pública sobre as condicións da instalación para uso de comedor.
  8. Memoria de actividades complementarias
  9. Compromiso da ANPA de asumir a xestión e o financiamento do comedor, así como o do Consello Escolar de asumir a supervisión do seu funcionamento.

Normativa

ORDE do 21 de febreiro de 2007 pola que se regula a organización, funcionamento e xestión do servizo de comedor escolar

DECRETO 132/2013, do 1 de agosto, polo que se regulan os comedores
escolares dos centros docentes públicos non universitarios dependentes da
consellería con competencias en materia de educación.


Normas do curso 2024-25


Normas do curso 2023-2024

Normas do curso 2022-23