Os novos conceptos que trae a LOMLOE
- Obxectivos. Logros que se espera que o alumnado alcance ao finalizar a etapa. Están relacionados coa adquisición das competencias clave e as específicas.
- Perfil de saída. O perfil identifica e define, en conexión cos retos do século XXI, as competencias clave que se espera que os estudantes desenvolvan ao completar a fase da ensinanza básica.
- Competencias clave. Son aquelas que se deben adquirir para acadar un pleno desenvolvemento persoal, social e profesional ao longo da vida. A través delas, os estudantes deben poñer en práctica ideas ou aplicar coñecementos adquiridos, o que leva a tomar decisións ou resolver problemas no día a día sobre situacións que se dean dentro e fóra da aula. Son oito (Comunicación Lingüística, Plurilingüe, Matemática, e en Ciencia, Tecnoloxía e Enxeñaría (STEM), Dixital, Persoal, Social e de aprender a aprender, Cidadá, Emprendedora e Conciencia e expresión cultural) e se encontran no perfil de saída do alumnado.
- Los descritores. A adquisición de cada competencia ten un carácter necesariamente secuencial e progresivo. Concretan o progreso esperado na adquisición de cada competencia. Por tanto, cada competencia clave concrétase concreta cuns descritores operativos definen o perfil de saída en educación primaria e en educación secundaria. Exemplo:
- En educación primaria: Realiza buscas guiadas na Internet e fai uso de estratexias sinxelas de tratamento dixital da información (palabras clave, selección de información relevante, organización de datos…) cunha actitude crítica sobre os contidos obtidos.
- En educación básica (4º de ESO): Realiza buscas avanzadas na Internet atendendo a criterios de validez, calidade, actualidade e fiabilidade, seleccionándoas de maneira crítica, arquivándoas adecuadamente para a súa recuperación e referencia e reutilizándoas con respecto á propiedade intelectual.
- Competencias específicas. Desempeños que o alumnado debe poder despregar en actividades ou en situacións quer requiren saberes básicos de cada área. As competencias específicas constitúen un elemento de conexión entre, por unha parte, as competencias clave, e por outra, os saberes básicos das áreas e os criterios de avaliación.
- Saberes básicos. Coñecementos, destrezas e actitudes que constitúen os contidos propios dunha área e que son necesarios para a adquisición das competencias específicas.
- Situacións de aprendizaxe. Actividades que implican o despregue por parte do alumnado de actuacións asociadas ás competencias clave ás específicas, e que contribúen á adquisición e desenvolvemento delas.
(baseado parcialmente en textos de Educación 3.0 e Raúl Solbes en La Nueva Propuesta Competencial de la LOMLOE)