Vivencias en familia 2024
Cámping no Grove. 25-26 de maio
Traslado en vehículos particulares. Día 25 entrada ás 13 horas.
Comida e cea do sábado e almorzo do domingo incluído na cafetería do cmping. As persoas que desexen comer na cafetería do camping o domingo teñen que avisalo á chegada na recepción.
Actividades para os cativos dirixidas por monitores.
Conta con piscina, sala de xogos e pista de fútbol sala e baloncesto.
Prezo:
SOCIOS DE ANPA FEDERADA NA FANPA:
Bungalow 6 prazas. 120 euros
Bungalow 5 prazas 100 euros
NON SOCIOS DE ANPA FEDERADA NA FANPA:
Bungalow 6 prazas 140 euros
Bungalow 5 prazas 120 euros
- O prezo é por bungalow completo independentemente do número de persoas que o ocupen.
Pallozas de Arenteiro (primeira quenda) 25/26 maio
Traslado en vehículos particulares. Dia 25 entrada as 13horas.
Almorzo,comida e cea a cargo dos participantes na actividade. As pallozas contan con equipamento de cociña.
Actividades guiadas por un educador combinando actividades programadas (sendeirismo, xogos, obradoiros, visita piscifactoría) e tempo de libre disposición.
Prezos por palloza:
SOCIOS DE ANPA FEDERADA NA FANPA:
Palloza 2 prazas: 40euros, palloza 6 prazas 60 euros.
NON SOCIOS DE ANPA FEDERADA NA FANPA:
Palloza 2 prazas: 50euros, palloza 6 prazas 70 euros.
- O prezo é por palloza completa independentemente do número de persoas que a ocupen.
Camping en Sanxenxo. 11-12 de maio
Traslado en vehículos particulares. Día 11 entrada ás 12 horas.
Almorzo, comida e cea a cargo dos participantes.
Os participantes teñen que levar toallas de aseo.
Conta con parque infantil, praia a escasos metros, zona de barbacoa.
Prezo:
SOCIOS DE ANPA FEDERADA NA FANPA:
Bungalow 6 prazas. 50 euros
Bungalow 4 prazas 40 euros
Bungalow 2 prazas 30 euros
NON SOCIOS DE ANPA FEDERADA NA FANPA:
Bungalow 6 prazas 80 euros
Bungalow 5 prazas 70 euros
Bungalow 2 prazas 60 euros
- O prezo é por bungalow completo independentemente do número de persoas que o ocupen.
Camping A Guarda. 1-2 de xuño
Traslado en vehículos particulares. Día 1 entrada ás 13 horas.
Almorzo,comida e cea a cargo dos participantes na actividade. Os aloxamentos contan con equipamento de cociña.
Conta con piscina, sala de xogos, pista de pádel e pista de fútbol sala e baloncesto.
Prezo:
SOCIOS DE ANPA FEDERADA NA FANPA:
Mobil home 6 prazas. 50 euros
Mobil home 4 prazas. 40 euros
Mobil home 2 prazas. 30 euros
NON SOCIOS DE ANPA FEDERADA NA FANPA:
Mobil home 6 prazas. 65 euros
Mobil home 4 prazas. 55 euros
Mobil home 2 prazas. 50 euros
- O prezo é por mobil home completo independentemente do número de persoas que o ocupen.
Pallozas de Arenteiro (segunda quenda). 1-2 de xuño
Traslado en vehículos particulares. Dia 1 entrada as 13horas.
Almorzo,comida e cea a cargo dos participantes na actividade. As pallozas contan con equipamento de cociña.
Actividades guiadas por un educador combinando actividades programadas (sendeirismo, xogos, obradoiros, visita piscifactoría) e tempo de libre disposición.
Prezos por palloza:
SOCIOS DE ANPA FEDERADA NA FANPA:
Palloza 2 prazas: 40euros, palloza 6 prazas 60 euros.
NON SOCIOS DE ANPA FEDERADA NA FANPA:
Palloza 2 prazas: 50euros, palloza 6 prazas 70 euros.
- O prezo é por palloza completa independentemente do número de persoas que a ocupen.
INSCRICIÓN: (máximo 1 vivencias por familia, indicar orde de preferencia, e se non quedan prazas na primeira opción pasaríamos ás seguintes por orde de preferencia).
Exemplo: Solicito praza para a vivencia de Arenteiro primeira quenda , e se non teño praza solicito para o camping do Grove.
Pero se hai praza para Arenteiro xa non se pode acudir ao camping do Grove.
Mediante correo electrónico a actividades@nontedurmas.org, onde debe figurar a seguinte información:
– Nome e apelidos de todas as persoas participantes e teléfono de contacto.
– Vivencias e quendas nas que se inscriben. No caso das pallozas de Arenteiro debe figurar a quenda solicitada.
– Documento que acredite ser socio/a de ANPA federada na FANPA.
Como as prazas son limitadas, a adxudicación será por orde de entrada do correo electrónico.
Recibirán un correo confirmando se ten a praza solicitada adxudicada. Unha vez recibido este correo, disporán dun prazo de 24 horas para realizar o pago, mediante transferencia bancaria na conta: ES16 2080 5403 4030 4011 9244 e enviarán o xustificante de pago ao correo actividades@nontedurmas.org.
Non se contempla a devolución da contía salvo por causa xustificada (enfermidade) e acreditada documentalmente. Non se anularán as actividades por mor do mal tempo.
DATAS DE INSCRICIÓN: Do 17 de abril (a partir das 00.00 horas) ata o 23 de abril do 2024. Non se admitirán inscricións fora deste prazo.
A orde de entrada dos correos electrónicos a establece o servidor do correo sen intervención humana segundo o sistema informático automatizado de Gmail.
Debe estar conectado para enviar un comentario.