Prezos do servizo de comedor e madruga para o 2023-24 en Marín

A partir do 2 de agosto xa estará activa a AppColechef para a contratación dos servizos de madruga e comedor.

PREZOS

Achegamos a carta informativa para que se poidan dar de alta ou renovar os servizos de madruga e comedor para o próximo curso 2023-24.

MOI IMPORTANTE. No caso de alerxias e/o intolerancias deberán comunicalo e enviar o informe médico ao noso correo electrónico: info@arumeservicios.es , tal e como se indica na carta informativa.

Do mesmo xeito que este curso todo xestionarase a través da App Cole chef. Na carta atoparán todos os pasos que as familias deben seguir para poder darse de alta nos servizos que actualmente temos no centro escolar.

O prazo de inscrición estará aberto ata o 1 de setembro para usuarios e usuarias habituais despois desa data terían que ser contratación de esporádicos para o mes de setembro.

Debe lembrarse que a contración do servizo implica necesariamente a aceptación das NORMAS DO SERVIZO

Instrucións de contratación por centro educativo

CEIP A Laxe

CEIP de Ardán

CEIP O Grupo

CEIP do Seixo

CEIP de Sequelo