Programa de comedores escolares e almorzos matinais en Pontevedra
Comedores
Os comedores escolares nos centros públicos de Pontevedra xestiónaos a FANPA por delegación de cada unha das ANPA dos colexios. A FANPA conta cunha Comisión de Comedores que fai un seguimento continuo en colaboración coas ANPA e a empresa concesionaria, elixida en concurso público.
O comedor escolar é un servizo educativo, ademais de contribuír á organización da vida familiar, que ofrece o Colexio, e como tal debe marcarse uns obxectivos:
- Promover e desenvolver hábitos alimentarios saudables
- Garantir unha dieta que favoreza a saúde
- Promover hábitos hixiénicos saudables
- Desenvolver o compañeirismo, o respecto e a tolerancia
- Conseguir un ámbito físico e social saudable
- Para conseguir estes obxectivos desenvolveranse unha serie de actividades que terán lugar no propio espazo e tempo de comedor escolar dos distintos ciclos de Educación Infantil e Primaria, atendendo á idade dos alumnos e alumnas.
Madruga
Moitas familias necesitan traer os seus fillos e fillas antes do horario lectivo ao colexio. Co fin de dar este servizo, organizouse o Plan Madruga de sete e media da mañá a nove. Este servizo utilízano aquelas familias que por motivos laborais ou por circunstancias persoais necesitan un horario máis amplo.
Preténdese con iso:
- Dar servizo ás familias, facilitando a conciliación da vida familiar, laboral e escolar.
- Ofrecer un lugar coñecido e cálido, con persoal cualificado que atenderá aos nenos e nenas, proporcionándolles un ambiente relaxado.
- Evitar o cambio de lugar ou de persoas nestas horas da mañá.
- Ofrecer a posibilidade almorzar entre as 8:00 e 8:30 ou ben de completar o almorzo de casa con algún alimento que poidan tomar neste tempo.
O servizo do Plan Madruga préstao a empresa que designa para tal efecto a Federación Provincial de ANPA de Pontevedra por delegación de cada unha das ANPA e tras o correspondente concurso público que se somete a criterios obxectivos. A FANPA fai un seguimento continuo en colaboración tanto coas ANPA como coa empresa responsable.
Normas
https://www.nontedurmas.org/blog/normas-para-o-servizo-de-comedor-en-madruga-do-curso-2021-22/
HORARIOS DE RECOLLILDA POR CENTRO. CURSO 21-22 |
||
ENTRADA |
SAÍDA |
|
A Carballeira |
14:00 |
15:30 A 16:30 |
Alvarez Limeses |
14:00 |
15:30 A 16:30 |
Barcelos |
14:00 |
15:30 A 16:30 |
Cabanas |
14:30 |
15:30 A 17 |
Campolongo |
14:00 |
15:30 A 16:30 |
Crespo Rivas |
14:00 |
15:30 A 16:30 |
Fina Casalderrey |
14:00 |
15:30 A 16:00 |
Froebel |
14:00 |
15:30 A 16:30 |
Lérez |
14:15 |
15:45-16:30 |
Manuel Vidal Portela |
14:00 |
15:30 A 16:30 |
Marcón |
14:30 |
15:30 A 16:30 |
Marcos da Portela |
14:00 |
15:30 A 16:00 |
Parada Campañó |
14:30 |
15:30 A 16:30 |
Ponte Sampaio |
14:10 |
15:45 A 16:00 |
San Martiño |
14:30 |
15:30 A 16:30 |
Vilaverde |
14:00 |
15:30 A 16:30 |
Xeve |
13:45 |
15:15 A 16:15 |
Xunqueira 1 |
14:00 |
15:30 A 16:30 |
Xunqueira 2 |
14:00 |
15:30 A 16:30 |
===== MARIN | ||
A Laxe |
14:00 |
15:30 A 16:00 |
O Grupo |
14:00 |
15:30 A 16:00 |
Ardán |
14:00 |
15:30 A 16:00 |
Seixo |
14:30 |
15:30 A 16:30 |
Sequelo |
14:00 |
15:30 A 16:00 |
Modelo de autorización para a saída do menor pola súa conta
(entregarase, xunto coa copia do DNI da nai/pai/titor, ao monitor)
DESCARGAR en PDF