FALANDO EN VERDE -OBRADOIRO

mosimageObradoiro “Falando en Verde” en Estribela

A Concellaría de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra organiza un obradoiro de dinamización lingüística ligada ao medio ambiente titulado “Falando en Verde”. Está dirixido a rapaces/as (de 7 a 13 anos) da parroquia de Lourizán e vai ser impartido por Ventos, Estudos Ambientais. Colabora na actividade a Asociación de Veciños Santo André de Estribela.

O obradoiro terá lugar os sábados 6, 13 e 20 de maio de 10.30 a 13.00 horas na Casa de Cultura de Estribela e non precisa de inscrición previa.

Obradoiro “Falando en Verde” en Estribela

Os obxectivos principais desta iniciativa son os seguintes:
• Promover o emprego da lingua galega.
• Achegar coñecementos sobre o contorno natural inmediato e concienciar sobre problemas ambientais xerais.
• Achegar unha alternativa lúdica e didáctica para o tempo de lecer.

Como contidos “falarase” de aves, plantas aromáticas e medicinais, a vida no medio mariño, a contaminación do aire e das augas… Todo isto mediante breves charlas, obradoiros, actividades prácticas, saídas de campo, observación de seres microscópicos…

Máis información:
Departamento de Lingua Galega
Concello de Pontevedra
Chalé Fontoira
Praza do Campo do Boi, s/n
36071 – Pontevedra
Tel.: 986 863 157 / Fax: 986 851 800
normalizacionlinguistica@concellopontevedra.es