AXUDAS COMPRA DE ORDENADORES

 estas axudas son compatibles con outras doutras institucións públicas ou privadas convocadas co mesmo obxectivo. 21 de abril de 2006

mosimageAs familias galegas dispoñen dun mes de prazo para solicitar as axudas do goberno galego destinadas á adquisición de ordenadores poden solicitar estas bolsas as familias do alumnado que estea matriculado en 5º ou 6º cursos de educación primaria ou 1º ou 2º da educación secundaria obrigatoria (ESO) en centros docentes sostidos con fondos públicos. Ademais, estas familias tiveron que adquirir ou teñen intención de mercar un ordenador, portátil ou de sobremesa, entre o 1 de xaneiro e o 30 de setembro de 2006.

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do sábado, 22 de abril. Estas bolsas concedidas pola Administración autonómica son compatibles co aproveitamento de calquera outro tipo de axudas de institucións públicas ou privadas destinadas á adquisición de ordenadores.

Segundo explicou Laura Sánchez Piñón, estas axudas son compatibles con outras doutras institucións públicas ou privadas convocadas co mesmo obxectivo. A conselleira de Educación referiuse ás accións d

21 de abril de 2006

As familias galegas dispoñen dun mes de prazo para solicitar as axudas do goberno galego destinadas á adquisición de ordenadores

A conselleira de Educación e Ordenación Universitaria, Laura Sánchez Piñón, explicou esta mañá as características da orde de convocatoria das axudas destinadas a familias galegas para a adquisición de ordenadores que hoxe sae publicada no Diario Oficial de Galicia (DOG). Segundo subliñou a máxima responsable da Administración educativa, a Consellería de Educación destina 3 millóns de euros a estas bolsas de 300 euros cada unha que beneficiarán a 10.000 familias galegas. O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir de mañá sábado, 22 de abril. Estas bolsas concedidas pola Administración autonómica son compatibles co aproveitamento de calquera outro tipo de axudas de institucións públicas ou privadas destinadas á adquisición de ordenadores.

Laura Sánchez Piñón subliñou que con esta iniciativa, a Administración educativa pretende potenciar as novas tecnoloxías da información e comunicación (TIC´s) de cara a contribuír á creación de mellores condicións para o desenvolvemento económico, social e cultural da sociedade galega. Ademais, facilita o uso das novas tecnoloxías entre aqueles colectivos con menores posibilidades de acceso a elas e contribúen a introducir as TIC nos hábitos, usos, costumes e métodos cotiáns da Comunidade Educativa.

Segundo explicou a conselleira de Educación, poden solicitar estas bolsas as familias do alumnado que estea matriculado en 5º ou 6º cursos de educación primaria ou 1º ou 2º da educación secundaria obrigatoria (ESO) en centros docentes sostidos con fondos públicos. Ademais, estas familias tiveron que adquirir ou teñen intención de mercar un ordenador, portátil ou de sobremesa, entre o 1 de xaneiro e o 30 de setembro de 2006.

Os interesados deben completar on line a solicitude e anexos que se atopan na páxina http://www.edu.xunta.es/axudasord/Index.jsp. Posteriormente terán que imprimir esa solicitude e presentala no centro educativo no que están matriculados os fillos para que certifique que curso están a realizar. Máis tarde, e antes de que remate o prazo para a presentación das solicitudes, deberán dirixir esa mesma documentación, debidamente asinada, á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Documentación
Laura Sánchez Piñon salientou que entre a documentación que deberán acompañar á solicitude, figura un anexo que se inclúe na orde de convocatoria que deberá ser cuberto polo establecemento vendedor do equipo informático. Ademais, os solicitantes deberán presentar fotocopia compulsada do libro de familia no que figuren todos os membros da unidade familiar, autorización do solicitante e doutros membros da familia cuxos ingresos son computables para coñecer os ingresos da unidade familiar coa finalidade de poder recadar datos de carácter tributario ou económicos ante a Axencia Estatal de Administración Tributaria; declaración do solicitante de percibir ou non outras axudas para a mesma finalidade; fotocopia compulsada do certificado de minusvalía no caso de que haxa algún membro da unidade familiar con esa condición e certificado bancario da conta corrente aberta a nome do solicitante.

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir de mañá sábado, 22 de abril. Estas bolsas concedidas pola Administración autonómica son compatibles co aproveitamento de calquera outro tipo de axudas de institucións públicas ou privadas destinadas á adquisición de ordenadores.

Unha comisión de avaliación será a encargada de analizar as solicitudes, prestando especial atención ao nivel de ingresos da unidade familiar. A resolución da solicitude de subvención será notificada aos solicitantes no prazo máximo de seis meses tamén contados a partir de mañá sábado, 22 de abril.

A conselleira de Educación engadiu que unha vez concedida a axuda e logo da previa presentación do xustificante de ter adquirido o ordenador persoal, a Consellería de Educación realizará o pagamento. O período para xustificar estas axudas abranguerá ata o 31 de outubro de 2006. Os beneficiarios deberán xustificar a adquisición do ordenador persoal a través da factura orixinal ou fotocopia compulsada da mesma, que deberá estar a nome do solicitante ou beneficiario. Nesta factura ten que figurar as características do equipo informático adquirido. O beneficiario da axuda deberá presentar tamén unha declaración complementaria do conxunto de axudas solicitadas para a adquisición de ordenadores, tanto das concedidas como das pendentes de resolución.

Infraestruturas e equipamento

Laura Sánchez Piñón enmarcou esta iniciativa novidosa do Goberno galego no conxunto de actuacións que a Administración educativa está a desenvolver para introducir as TIC nas aulas. Así, no eido da infraestruturas e comunicacións nos centros, a Consellería de Educación está a dotar aos centros da tecnoloxía necesaria para permitir o acceso a Internet desde calquera espazo do centro. A máxima responsable da Administración educativa referiuse tamén ás accións de dotación de equipamento dos centros e ás de elaboración de contidos educativos multimedia para uso nas aulas.

A Administración educativa tamén fomenta o uso das novas tecnoloxías no ensino a través de cursos do profesorado. Finalmente, Laura Sánchez Piñón salientou que xa son unha realidade os telecentros piloto en dez centros educativos. Esta experiencia permite a toda a comunidade educativa contar con equipamento informático ao tempo que se crean puntos de referencia que axuden a dinamizar a actividade educativa e cultura nas comarcas do rural e revalorizar a presenza dos centros educativos no contorno social como motores de progreso.