ORDE do 1 de setembro de 2015 pola que se procede á ampliación dos importes para o financiamento das axudas para a adquisición de libros de texto, destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial, en centros sostidos con fondos públicos, para o seu uso no curso escolar 2014/15.

Decreto de incremento orzamentario para as axudas á adquisición de libros de texto. [ DOG NÚM 174->http://www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20150911/AnuncioG0164-040915-0002_gl.html]

ORDE do 25 de agosto de 2015 pola que se conceden axudas para financiar actividades das confederacións e federacións de pais de alumnos e das asociacións de pais de alumnos de centros de educación especial para o ano 2015.

Primeiro. Concederlles as axudas, nas contías que se sinalan, ás confederacións, federacións de pais de alumnos e ás asociacións de pais de alumnos de centros de educación especial relacionadas no anexo I a esta orde. Segundo. Desestimar a solicitude presentada…

ORDE do 25 de agosto de 2015 pola que se convocan axudas para a adquisición de material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial en centros sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2015/16.

Artigo 1. Obxecto da convocatoria e procedemento 1. O obxecto desta orde é convocar axudas para a adquisición de material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial en centros sostidos con fondos públicos…

http://www.ceapa.es/content/aplicaci%C3%B3n-de-gesti%C3%B3n-para-ampas

É preciso pedir a alta directamente a CEAPA, onde verificarán se é un ANPA federada, só se permite unha alta por cada unha das ANPA.

ORDE do 24 de xullo de 2015 pola que se convocan os premios de educación secundaria obrigatoria ao esforzo e á superación persoal correspondentes ao curso 2014/15.

Artigo 1. Obxecto e ámbito de aplicación Convócanse na Comunidade Autónoma de Galicia os premios de educación secundaria obrigatoria ao esforzo e á superación persoal correspondentes ao curso 2014/15 co obxecto de dar recoñecemento público ao esforzo e dedicación do…

ORDE do 22 de xullo de 2015 pola que se resolve a adxudicación das axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2015, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva.

RESOLVE: Primeiro. Adxudicar as axudas para realizar actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2015 ao alumnado que se relaciona no anexo desta orde. Segundo. Contra a resolución definitiva de adxudicación, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas…

RESOLUCIÓN do 27 de xullo de 2015, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento dos ciclos formativos de formación profesional do sistema educativo no curso 2015/16.

Primeiro. Obxecto e ámbito de aplicación Esta resolución ten por obxecto ditar instrucións para o desenvolvemento dos ciclos formativos de formación profesional do sistema educativo no ano académico 2015/16 no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia. Segundo. Renuncia, anulación e…

1 … 62 63 64 65 66 … 149