Ponte a Conducir 2015

Invitámosvos a unha nova edición de Ponte a Conducir, un obradoiro de seguridade vial que a FANPA organiza en colaboración coa DXT, a Garda Civil, a Policía Local, a Diputación de Pontevedra e o Concello de Pontevedra. Este ano tamén contamos coa colaboración da Cruz Vermella. O obradoiro celebrarase o sábado 26 de setembro, de 10:00 a 14:00 horas, no parque infantil de tráfico do Concello de Pontevedra, situado en Mollabao. Como o ano pasado, os nenos distribuiranse en grupos segundo a súa idade, e iran rotando polas diferentes actividades que se desenvolverán ao longo da mañá: – Exposición de material da Policía Local e da Garda Civil de Tráfico – Concurso de debuxo sobre un tema de seguridade vial. Escolleranse 8 gañadores por categorías, que recibiran un agasallo na sede da Subdelegación do Goberno. Taller de primeiros auxilios para rapaces, impartido polos voluntarios da Cruz Vermella – Circuito de seguridad vial, onde os nenos rotarán por turnos entre peón, ciclista ou condutor. Os cativos de menor idade disporán de karts a pedales, mentres que os rapaces mais mozos poderán conducir os karts eléctricos. Os rapaces poden traer as súas bicicletas para empregar no circuito – As prazas das que dispoñemos son limitadas, polo que se atenderá ao orde de inscrición para a participación na xornada. A inscrición pode facerse tantro presencialmente, na sede da FANPA, como a través dun correo electrónico á dirección actividades@nontedurmas.org, proporcionando os seguintes datos: -* Nome e apelidos do rapaz -* Idade -* Curso escolar -* Colexio -* ANPA (se é socio) -* Nome do pai ou tutor responsable -* Teléfono de contacto. As inscricións ábrense o luns día 14 de setembro, e pecharanse o día mércores 23 de setembro. Cartel - Portada Cartel - Grupos