ORDE do 25 de agosto de 2015 pola que se conceden axudas para financiar actividades das confederacións e federacións de pais de alumnos e das asociacións de pais de alumnos de centros de educación especial para o ano 2015.

Primeiro. Concederlles as axudas, nas contías que se sinalan, ás confederacións, federacións de pais de alumnos e ás asociacións de pais de alumnos de centros de educación especial relacionadas no anexo I a esta orde. Segundo. Desestimar a solicitude presentada pola asociación de pais de alumnos do centro que se relaciona no anexo II a esta orde, polas causas que se indican. Terceiro. Para facer efectivo o pagamento das axudas, os beneficiarios presentarán na Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, Subdirección Xeral de Centros, Servizo de Xestión de Programas Educativos, antes do día 31 de outubro de 2015 a seguinte documentación: a) A xustificación dos gastos realizados, mediante orixinais ou copias compulsadas de facturas, nóminas e outros documentos e a acreditación do seu pagamento. Non se admiten recibos como xustificación dos gastos. b) Unha declaración actualizada do anexo II publicado na Orde do 20 de maio de 2015 (DOG do 29 de maio), pola que se convocan as axudas para o ano 2015. [ DOG NÚM 169->http://www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20150904/AnuncioG0164-270815-0006_gl.pdf]