RESOLUCIÓN do 14 de xuño de 2013, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as axudas para a realización, polas asociacións de nais e pais do alumnado, nos centros educativos de Galicia sostidos con fondos públicos, de programas de actividades complementarias e extraescolares que teñan como fin facilitar a conciliación da vida familiar e laboral, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo (FSE), e se procede á súa convocatoria para o ano 2013.

RESUMO DAS BASES REGULADORAS QUE REXERÁN AS AXUDAS PARA A REALIZACIÓN, POLAS ANPA OS PROGRAMAS DE ACTIVIDADES COMPLEMENTARIOS.   As axudas obxecto da presente convocatoria financiaranse con cargo á aplicación orzamentaria 05.11.312 G.481.0 (código proxecto 2013 00168) por un importe…

ORDE do 5 de xuño de 2013 pola que se actualiza a oferta de ciclos formativos polo réxime ordinario, por curso completo e en modalidade presencial, en centros públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano académico 2013/14.

Artigo 1. Actualización da oferta Actualízase a oferta educativa dos ciclos formativos de formación profesional polo réxime ordinario, por curso completo en modalidade presencial, a partir do curso 2013/14, en centros públicos da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo se relaciona…

ORDE do 6 de xuño de 2013 pola que se actualiza a oferta modular polo réxime de persoas adultas nas modalidades presencial, semipresencial e a distancia de ciclos formativos de formación profesional en centros públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano académico 2013/14.

Artigo 1. Actualización da oferta Actualizar a oferta modular, polo réxime de persoas adultas, nas modalidades presencial, semipresencial e a distancia, de ciclos formativos de formación profesional en centros públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano académico 2013/14,…

RESOLUCIÓN do 24 de maio de 2013, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se regula o Plan Proxecta e se establecen as bases para a participación dos centros docentes sostidos con fondos públicos dependentes desta consellería durante o curso escolar 2013/14.

Artigo 1. Obxecto Esta resolución ten por obxecto regular o Plan Proxecta e establecer as bases para a participación dos centros docentes sostidos con fondos públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria durante o curso escolar 2013/14. Artigo…

ORDE do 29 de maio de 2013 pola que se determina o período de vixencia dos libros de texto e demais materiais curriculares.

Artigo único.  Vixencia dos libros de texto e materiais curriculares 1. Determinar como período de vixencia dos libros de texto e materiais curriculares para as ensinanzas de réxime xeral seis (6) cursos académicos, contados desde a súa elección. 2. Durante…

ORDE do 9 de abril de 2013 pola que se convocan axudas para financiar actividades das confederacións e federacións de pais de alumnos e das asociacións de pais de alumnos de centros de educación especial para o ano 2013.

Primeiro.     Faise pública a convocatoria de axudas destinadas a subvencionar a realización de actividades por parte das federacións e confederacións de pais de alumnoslegalmente constituídas e das asociacións de pais de alumnos de centros de educación especial, desde…

ORDE do 21 de marzo de 2013 pola que se regula a oferta de prazas xuvenís dentro do programa Campaña de verán 2013 e se procede á súa convocatoria.

Artigo 2. Servizos ofertados 1. A participación na oferta da Campaña de verán 2013 realizarase a través de inscrición individual ou múltiple (para os supostos de dous/dúas, tres ou catro irmáns/ás). As persoas participantes disporán dos seguintes servizos: a) Un…

ORDE do 4 de abril de 2013 pola que se establecen as bases reguladoras do Certame Cooperativismo no Ensino, dirixido ao alumnado e profesorado dos centros educativos de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2013.

Bases reguladoras do Certame Cooperativismo no Ensino, dirixido ao alumnado e ao profesorado dos centros educativos de Galicia Artigo 1. Finalidade 1. O Certame Cooperativismo no Ensino ten por obxecto difundir e promover o cooperativismo entre o alumnado dos centros…

RESOLUCIÓN do 12 de marzo de 2013 pola que se fai pública a convocatoria para a incorporación de novos centros educativos á Rede de centros plurilingües de Galicia para o curso 2013/14.

Artigo 1. Obxecto e ámbito de aplicación A presente resolución ten por obxecto realizar a convocatoria para o curso 2013/14 de incorporación dos centros educativos de educación primaria e de educación secundaria sostidos con fondos públicos á Rede de centros…

RESOLUCIÓN do 12 de marzo de 2013 pola que se fai pública a convocatoria para a autorización dos centros públicos integrados, institutos de educación secundaria e centros integrados de formación profesional da Comunidade Autónoma de Galicia para a participación no programa de cursos para a formación complementaria en linguas estranxeiras do alumnado, CUALE

Artigo 1. Obxecto e ámbito de aplicación A presente resolución ten por obxecto realizar a convocatoria para o curso 2013/14 de autorización da impartición do programa de cursos para a formación complementaria en linguas estranxeiras do alumnado, CUALE, nos centros…

RESOLUCIÓN do 12 de marzo de 2013 pola que se fai pública a convocatoria para a incorporación de novas seccións bilingües en centros sostidos con fondos públicos de ensino non universitario para o curso 2013/14.

Artigo 1. Obxecto e ámbito de aplicación A presente resolución ten por obxecto realizar a convocatoria para o curso 2013/14 de autorización de novas seccións bilingües nos centros sostidos con fondos públicos de ensino non universitario. DOG N.º 58

ORDE do 18 de marzo de 2013 pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2013, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva.

Artigo 1. Obxecto e ámbito da convocatoria O obxecto desta orde é establecer as bases e convocar axudas, en réxime de concorrencia competitiva, para realizar as actividades de formación lingüística durante o ano 2013 dirixidas á mellora das competencias en linguas…

RESOLUCIÓN do 8 de marzo de 2013, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se amplía o prazo de presentación de solicitudes previsto na Resolución do 28 de decembro de 2012 pola que se convocan as probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4, no ano 2013 (ED114A).

Ampliar ata o día 8 de abril de 2013 (inclusive) o prazo para presentar as solicitudes e aboar as taxas previsto na Resolución do 28 de decembro de 2012, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se convocan as…

ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

  Reserva de praza Do 18 ao 22 de marzo O alumnado que continua no centro ten reserva de praza automática no centro. Sorteo público desempate 22 de marzo Publicación vacantes 4 de abril Presentación solicitude admisión Do 5 ao…

ORDE do 14 de febreiro de 2013 pola que se regula o procedemento de adxudicación de prazas nas escolas infantís 0-3 dependentes desta consellería o curso 2013/14.

  Artigo 1. Obxecto A presente orde ten por obxecto regular o procedemento de adxudicación de prazas nas escolas infantís 0-3 dependentes da Consellería de Traballo e Benestar para o curso 2013/14. Artigo 2. Requisitos para ser adxudicataria/o 1. Serán requisitos…

ORDE do 26 de decembro de 2012 pola que se convocan probas para a obtención de determinados carnés profesionais e habilitacións profesionais no ano 2013.

Artigo 1. Obxecto O obxecto desta orde é establecer o procedemento que seguirá a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para a realización dos exames encamiñados á obtención dos carnés profesionais e das habilitacións profesionais para o ano 2013…

DECRETO 4/2013, do 10 de xaneiro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

TÍTULO I Ámbito competencial e organización xeral da consellería Artigo 1. Ámbito competencial A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria é o departamento da Xunta de Galicia a que lle corresponden as competencias e funcións en materia de promoción…

RESOLUCIÓN do 10 de xaneiro de 2013, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se convocan de xeito ordinario probas de acceso a ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o ano 2013.

Primeiro. Datas e lugares de inscrición nas probas de acceso 1. A solicitude de inscrición para as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio presentarase por duplicado na secretaría de calquera instituto de educación secundaria onde se impartan…

RESOLUCIÓN do 8 de xaneiro de 2013, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se convocan as probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria para maiores de dezaoito anos nas convocatorias de maio e setembro, e se ditan instrucións para a súa realización.

Convocar as probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria no ano 2013, conforme se dispón nas epígrafes seguintes: Primeira. Condicións das persoas aspirantes Poderán participar nestas probas as persoas que cumpran os seguintes requisitos: 1. Ter…

ORDE do 21 de xaneiro de 2013 pola que se convocan os premios extraordinarios de formación profesional de grao superior correspondentes ao curso 2011/12.

Artigo 1. Obxecto e ámbito de aplicación Convócanse premios extraordinarios de formación profesional para o alumnado que realizou estudos de formación profesional de grao superior no curso 2011/12 nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia e que os rematou…

1 11 12 13 14