Axudas económicas para a primeira infancia

Orde do 29 de maio de 2008 pola que se regulan as axudas económicas para atención da primeira infancia a través do cheque infantil en escolas infantís 0-3 non sostidas con fondos públicos e se procede á súa convocatoria.
A axuda convocada consiste na provisión e cobertura total ou parcial do custo da praza adxudicada nunha escola infantil 0-3 non sostida con fondos públicos ás persoas solicitantes con nenas/os entre 0 e 3 anos a cargo que desexen acollerse aos beneficios do programa cheque infantil.
Para os efectos desta axuda establécese o custo máximo da praza segundo o horario e servizos nas seguintes contías:

a) Praza ofertada durante 8 horas diarias: 130 €/mes.
b) Praza ofertada durante 8 horas diarias con servizo de comedor: 215 €/mes.
c) Praza ofertada en horario de tarde: 90 €/mes. Enténdese prazas con horario a partir das 15.00 horas durante catro horas.

No custo máximo da praza exclúese o prezo de transporte, actividades extraescolares, material escolar, horas complementarias, matrículas e outros análogos, que deberán ser aboadas, cando proceda, pola persoa usuaria.
DOG 10/06/08