Axudas para material escolar no Concello de Vilagarcía

 

BASES DA CONVOCATORIA DE AXUDAS PARA ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR,CON DESTINO A ALUMNOS DE EDUCACIÓN INFANTIL EN CENTROS SOSTIDOS CON FONDOSPÚBLICOS E ESCOLAS INFANTÍS AUTORIZADAS DE VILAGARCÍA DE AROUSA, CURSO 2011/2012

ARTIGO 1.—OBXECTO

O obxecto da presente convocatoria é o financiamento dos gastos que se derivan da adquisición de material escolar (o material curricular e didáctico necesario para o desenvolvemento da accióneducativa) , para os alumnos Educación Infantil, nas etapas 1ª e 2ª, dos Centros de Ensino sostidos confondos públicos e nas Escolas Infantís autorizadas de Vilagarcía de Arousa.

ARTIGO 2.—BENEFICIARIOS

Poderán ser beneficiarios destas axudas as unidades familiares de convivencia residentes no Concello de Vilagarcía de Arousa con menores matriculados ou con reserva de praza nas etapas 1ª e 2ª de Educación Infantil, dos Centros de Ensino sostidos con fondos públicos e nas Escolas Infantís autorizadas de Vilagarcía de Arousa.

Máis información ,BOP páx 29