A Federación participará no “panel de escoita” verbo dos usos lingüísticos da familia
A Federación está convidada a participar nesta iniciativa do Observatorio da Lingua Galega que promove a Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta. A primeira reunión terá lugar o próximo mércores día 23 de maio ás 16.30 en Santiago de Compostela.
Estes son algúns dos posibles temas que se poderán tratar neste panel:
a) Compromiso e conciencia da importancia da transmisión da lingua.
b) Experiencia e actitudes familiares cara á lingua.
c) Factores que inflúen na elección da lingua inicial.
d) Visión da utilidade futura da lingua.
e) Educación e uso do galego na familia.
f) O papel da familia extensa (avós, tíos, curmáns…).
g) Visión familiar dos outros ámbitos de socialización: ensino, amigos/as, medios de comunicación…
h) Familias urbanas e familias rurais.
i) Accións de sensibilización familiar cara á lingua.
j) Futuro do galego no ámbito da familia.
O lugar de celebración será a Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, no Edificio San Caetano (Santiago de Compostela).