Ponte… nas Ondas 2007!

Ponte…nas ondas!, experiencia de comunicación nacida no ano 95, convoca a XIII edición da xornada de radio interescolar que vai dar continuidade á liña de traballo comezada en 2002 sobre o Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués. Desde entón, a programación e o labor de Ponte…nas ondas! puxo en valor e transmitiu ás novas xeracións diversos aspectos da cultura común galego-portuguesa.

A xornada radiofónica interescolar salta nesta edición á Rede e Internet vai ser a praza pública de intercambio, a feira do patrimonio onde se trocarán os traballos producidos polos nosos xoves. Un fío condutor dará cohesión a esta programación como vén sendo habitual: a cultura galego-portuguesa.

Conectando con Ponte… nas Ondas 2007