RESOLUCIÓN do 12 de novembro de 2012, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se lles dá publicidade ás festas laborais de carácter local para o ano 2013, correspondentes aos concellos das catro provincias da Comunidade Autónoma de Galicia.

Primeiro. Darlles publicidade ás festas de carácter local, inhábiles para os efectos laborais, retribuídas e non recuperables, para o ano 2013, que serán, para os concellos pertencentes ás provincias da Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra, as que figuran, respectivamente, nos anexos I, II, III e IV.

Segundo. Lembrar que, en virtude do establecido no artigo 34.6 do Estatuto dos traballadores, as empresas deberán ter exposto o calendario laboral nun lugar visible de cada centro de traballo, para o coñecemento e a consulta dos seus traballadores e traballadoras. O incumprimento do anterior constitúe infracción en materia laboral tipificada no artigo 6 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social.

Santiago de Compostela, 12 de novembro de 2012

Odilo Martiñá Rodríguez
Director xeral de Relacións Laborais

ANEXO I
Calendario laboral 2013

DOG Nº224