ORDE do 6 de agosto de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan cen bolsas para a mocidade do exterior, co fin de cursar estudos de formación profesional de grao superior que se inicien no curso académico 2018/19 nun centro con ensinanzas sostidas con fondos públicos de Galicia (ED333A).

O obxectivo principal deste programa é incentivar o retorno dos/das galegos/as do exterior, non só dos/das emigrados/as, senón tamén dos/das seus/súas descendentes, favorecendo a súa incorporación e a dos/das seus/súas fillos/as nos centros de ensino secundario da nosa comunidade autónoma, así como no Sistema universitario de Galicia. Trátase de que os/as mozos/as galegos/as que residan no exterior veñan a Galicia cursaren un ciclo de grao superior de formación profesional que lles permita incorporarse a

Source: Orde do DOG nº 152 do 2018/8/9 – Xunta de Galicia