ORDE do 20 de xullo de 2018 pola que se determinan as bases reguladoras e se convocan prazas de persoas colaboradoras bolseiras para as residencias xuvenís dependentes desta consellería para o curso 2018/19.

A Consellería de Política Social dispón dunha serie de instalacións xuvenís entre as cales figuran as residencias xuvenís, que, ademais do aloxamento e mantenza, ofrecen aos/ás mozos/as estudantes residentes unha serie de servizos e actividades convivenciais e educativas complementarias. Coa realización desta convocatoria preténdese favorecer o acceso ao ensino universitario, aos estudos superiores en ensinanzas artísticas ou ciclos formativos de grao superior dos/das estudantes con escasos recursos, e a

Source: Orde do DOG nº 150 do 2018/8/7 – Xunta de Galicia