A Federación asinará de novo o contrato de comedores

A Federación asinará de novo o contrato de comedores con SERUNION tras recibir o día 9 de xaneiro as garantías por escrito solicitadas.
Tras o compromiso por escrito de asegurar a financiamento das institucións do 50% do custo por alumno e a promesa verbal do concelleiro de educación de asinar o convenio que figuraba no contrato dende o mes de setembro a Federación continuará asumindo a sinatura do contrato con SERUNION agardando que o tema quede pechado e poidamos dedicar o noso escaso tempo e enerxías aos temas educativos que nos preocupan.