Conciliaverán 2022


Conciliaverán é un programa para facilitar a conciliación laboral e a atención aos fillos que se desenvolve en época estival, organizado pola Federación Provincial de ANPA de Centos Públicos de Pontevedra, entidade sen ánimo de lucro do sector educativo e membro da comunidade escolar en colaboración coa Concellaría de Educación do Concello de Pontevedra, destinado a nenas e nenos de 3 a 12 anos (infantil e primaria) e que cubre todo o período de vacacións escolares, de xuño a setembro.

>> Para Secundaria ofreceremos o campamento deportivo no mes xullo

NOTAS


Nota do 31 de maio
Todas as solicitudes presentadas teñen concedida a praza na ludoteca de primeira elección

Vacantes

Mañá 1 de xuño, sairá a oferta de prazas vacantes. Deberá realizarse inscrición presencial nas oficinas da FANPA


PRAZOS DE INSCRICIÓN PARA LUDOTECAS DE VERÁN 2022: do 23 ao 27 de maio

Folleto completo en PDF

Problemas para descargar o folleto desde o móbil?

Imaxe da icona

Recoméndase utilizar o navegador Firefox.

Se utiliza o navegador Chrome no tfno. móbil é necesario facer unha “pulsación longa” sobre a ligazón do folleto en PDF anterior para que se descargue e ter unha aplicación para abrir e ler os PDF xa instalada no dispositivo.

A FANPA pode reducir algunha quenda ou localización por falta de usuarios suficientes para o seu mantemento; a FANPA fornecerá nese caso alternativamente ben outro lugar, ben a devolución do importe.

DATAS

  • Períodos especiais do 23 ao 30 de xuño e en setembro do 1 ao 7 de setembro só en Campolongo.
  • Quendas quincenais de xullo e agosto en Marcos da Portela, Crespo Rivas (infantil), Campolongo, Vilaverde, Álvarez Limeses, Manuel Vidal Portela (inglés) e Xunqueira 2 (deportiva, só primaria).
  • Quendas mensuais de xullo e agosto en Cabanas, Ponte Sampaio e Parada-Campañó. Na Carballeira e Xeve só durante xullo.

HORARIO

A actividade cobre de luns a venres -agás festivos- entre as 9.00 e as 14.00 horas, e dispón de horario ampliado de entrada a partir das 8.30 h e de recollida ata as 14.30 horas, sen custo engadido.

LUGARES

CRONOGRAMAS (programación)


Programación das actividades por día da ludoteca en Inglés para Infantil e Primaria

Programación das actividades por día das ludotecas xerais en galego para Infantil e Primaria


PREZOS
(por neno e quenda)

Socios/as de ANPA do Concello de Pontevedra federada na FANPA

– Quincenal 40 €/quincena
– Mensual 65 €/mes
– Especial de xuño e setembro 40 €/semana

Non socios/as de ANPA do Concello de Pontevedra federada na FANPA

– Quincenal 60 €/quincena
– Mensual 75 €/mes
– Especial xuño e setembro 60 €/semana

Privados, concertados e demais casos

– Quincenal 75 €/quincena
– Mensual 80 €/mes
– Especial xuño e setembro 75 €/semana

As familias con 2 ou máis fillos matriculados no Conciliaverán terán un desconto de 5€ por neno/a

Ao solicitar ludoteca para 1 mes, nas de período quincenal, cobrarase o prezo das 2 quincenas correspondentes. Nas ludotecas de período mensual, cobrarase o prezo mensual.

Exemplo: 
Como socio de ANPA solicito todo o mes de agosto en Campolongo? Entón corresponde aboar o custo da 1ª e 2ª quincena dese mes = 40+40 €/mes por ser de períodos quincenais. 
Se solicito a ludoteca en Xeve entón o custo será de 65 €/mes por ser de quenda mensual.

SERVIZOS COMPLEMENTARIOS (comedor e madruga)

Naqueles lugares de realización onde se ofrece. Deberá haber un mínimo de 10 usuarios/as día para o servizo de almorzos e 20 usuarios/as día para vicio de comidas.
Solicitaranse directamente coa empresa Arume, coas mesmas características e condicións que durante o curso escolar.

info@arumeservicios.gal – 607634413

  • Madruga, de 7,30 h ata as 9.00 horas e con ou sen almorzo (tamén uso esporádico)
  • Comedor, de 14.00 h ata as 16.00 horas e con ou sen almorzo (tamén uso esporádico)
    • Uso esporádico: Deberá chamarse á empresa para avisar o día anterior en horario de 9.00 a 14 horas nó móbil 607634413.

Menús (pendente de información)

Prezos
Comedor                                  5.15€
Do 23 ao 30 de xuño              30.90€
Quincenas                               56.65€
Madruga
Con almorzo                        3.19€
Do 23 ao 30 de xuño              19.14€
Quincenas                               35.09€
Esporádico                              4.05€

Sen almorzo                          2.43€
Do 23 ao 30 de xuño            14.58€
Quincenas                             26.73€
Esporádico                               3.20€

Setembro
Con almorzo             15,95€
Sen almorzo              12,15€

Documentación para preparar a inscrición presencial

Ficha correctamente cuberta

No caso das solicitudes presenciais en oficina, deberá entregarse toda a documentación xunta e non se admitirá ningunha matrícula que non teña a documentación completa. Non se aceptará documentación despois de estar feita a matrícula. Tanto para a matrícula presencial como telemática.

Copias de :
– DNI da nai/pai/titor
– Tarxeta sanitaria do menor
– Volante de empadroamento (ou conceder permiso á FANPA para consulta directa ao Concello)

  • Este certificado é necesario para a inscrición. Se non o ten e non pode obtelo electronicamente, debe indicar que autoriza a que a FANPA faga a consulta no Padrón Municipal. Puntuarase unha vez que fagamos a consulta.

– (Xustificante de pago adiantado polo banco se vai facer inscrición presencial con transferencia bancaria; na inscrición telemática existe a opción de acreditar o pago mediante transferencia ou pago con tarxeta de crédito, neste último caso o pago mediante a pasarela bancaria xa acredita o ingreso por si mesmo)

Número de conta para facer a transferencia

ABANCA:ES75 2080 5403 4130 4012 0558

poñendo como concepto“Nome e apelidos do neno/a” e “conciliaverán e quenda/s na/s que está inscrito/a”

– Acreditación de ser socio de ANPA federada (carné ou recibo)
– Acreditación de ser familia monoparental
– Certificación do centro escolar onde esta matriculado ordinariamente o menor (non é necesario para os socios de ANPA federada)
– Vida laboral ou cabeceira da última nómina

Prazo de presentación de solicitudes de matrícula

Presencial: no local da FANPA (r/Xan Guillermo, 9 de Pontevedra) do día 23 de maio ao 27 de maio en horario de 9.00 a 14.00 horas. Poranse computadores e persoal a disposición pública para realizar a inscrición.

Telemática: Cubrindo o formulario en liña no enderezo seguro https://fanpa.gal desde as 9.00 horas do día 23 de maio ata as 14.00 horas do día 27 de maio sen interrupción

A inscrición está pechada


Normas do servizo

(Importante) > Consentimento informado

Normas_(xerais)