NOITES ABERTAS 2006

mosimageA VII EDICIÓN DO PROGRAMA MUNICIPAL NOITES ABERTAS
Esta fin de semana comeza sétima edición de Noites Abertas, un programa de lecer e tempo libre dirixido a mozos e mozas de idades que van dos 12 aos 30 anos, cunha oferta cultural, deportiva e lúdica que dá resposta á diversidade de gustos, inquedanzas e intereses da xuventude de Pontevedra.

Os principais obxectivos de Noites Abertas e que o definen claramente son:
1.      Proporcionar unha alternativa de lecer de fin de semana que propicie espazos lúdico-educativos e de encontro na poboación moza e adolescente.
2.       Aplicar o principio de igualdade de oportunidades introducindo a perspectiva de xénero dende o lecer e o tempo libre, de cara a sensibilizar á poboación xuvenil cara a igualdade de oportunidades entre mozos e mozas.
Este programa está coordinado polo Departamento de XUVENTUDE da Área de Benestar Social do Concello de Pontevedra, pero intégrase no Plan Municipal sobre Drogas e o Plan Municipal de Igualdade, tratando de dar resposta aos obxectivos principais destes. Á parte conta coa colaboración e apoio doutros departamentos municipais como o Instituto Municipal dos Deportes e o Pazo da Cultura.

 
QUEN SOMOS:
ORGANIZA E COORDINA:  Departamento de Xuventude da Área de Benestar Social – Concello de Pontevedra
FINANCIAN:  Concello de Pontevedra e Ministerio de Sanidade e Consumo (Plan Nacional sobre Drogas).
COLABORAN: Plan Municipal Sobre Drogas, Plan Municipal de Igualdade, Colexio Froebel, Instituto Municipal dos Deportes, Pazo da Cultura,
PATROCINA: Coca Cola
 
O ORZAMENTO:
O orzamento total de Noites Abertas 2006 ascende a uns 71.000 €. Como ven sendo habitual, o programa conta co financiamento do Ministerio de Sanidade a través do Plan Nacional Sobre Drogas, quen este ano aporta unha subvención de 45.000 € ( os anos anteriores foi de 30.000 €). Complementa este orzamento a dotación municipal provinte de fondos do Departamento de Xuventude e do Plan Municipal sobre Drogas (26.000 €).
 
AS ENTIDADES QUE REALIZAN AS ACTIVIDADES
O programa segue fiel á súa liña metodolóxica que o define como programa participativo (fronte a outros de similares carácterísticas pero que xestionados con contratacións de grandes empresas) no sentido de que conta cunha convocatoria aberta ás asociacións e colectivos de Pontevedra, xuvenís ou que traballan con poboación xuvenil. A través desta convocatoria o programa toma forma coas propostas das entidades (para propoñer actividades ou coa cesión de locais), que tras pasar polas adaptacións e supervisión da Coordinación Xeral do Programa, configuran unha oferta de actividades consensuada, diversificada e á vez, integrada nunha unidade global que é a programación final.
Nesta edición  Noites Abertas incorpora unha acción formativa dirixida a todo o persoal que participa no programa , monitores, monitoras, membros das asociacións colaboradoras, controladores/as, a fin de formarse como educadores/as que son da mocidade, tanto dentro do marco de Noites Abertas como na súa asociación ou entidade de referencia. Este curso será impartido por persoal municipal dos Plans Municipais de Drogas e de Igualdade.
 
Este ano esta programación é máis ampla que nunca. Conta con 58 tipos de actividades, que pretenden dar cabida a todos os gustos e inquedanzas, dunha mocidade caracterizada pola súa diversidade de intereses.  Así 31 asociacións e colectivos de Pontevedra participaron este ano na configuración final deste programa de actividades: 
Asociación Sociocultural Inzar: psicoerotismo para parellas mozas, Sex-Punto, automaquillaxe, en-trenza, combínate, masaxe de pés, obradoiro de autoestima
CONTACTO:  986 842 005    inzarasociacion@mixmail.com
 
Colectivo Painkiller: Clinics e xogos musicais (“Trivial Rock” e adiviñas), concerto de Noites Abertas con grupos de Pontevedra. CONTACTO:  639 633 794 colectivopainkiller@gmail.com
 
Asociación de lectores de banda deseñada “ALEBADE”: debuxo de banda deseñada.
CONTACTO: 651 639 235   alebade_comics@hotmail.com
 
Asociación Cultural Tear de Llerena: pandeireta, pandeiro e canto tradicional, baile tradicional galego, percusóns.    CONTACTO: 676 837 945  http://es.geocities.com/teardellerena
 
Llu Llu Teatro: Esperta coa risa (clown) e presentación de Noites Abertas na rúa.
CONTACTO: 696 730 037   llulluteatro@hotmail.com
 
Asociación Galega de baile de salón “Baila”: bailes latinos, populares e de salón.
650 477 046  maxxi@hotmail.com
 
Asociación de artesáns “Artedovo”: obradoiro de coiro. 678 410 505   artedovo@hotmail.com
 
Asociación Cultural e Deportiva A Mimosa de Monte Porreiro: obradoiro de malabares, percusión, manualidades e xogos, obradoiro de perfeccionamento de malabares e break.  986 864 757  amimosamonte@msn.com
 
Sintasol, Asociación Cultural de Danza: break e 1º Campionato Internacional de Break (Bboing). manuelsanmartinsolla@hotmail.com
 
Asociación Vaipolorío: sendeirismo “Unha noite no río Gafos”. 676 842 942 www.vaipolorio.com
 
Cine Club de Pontevedra: cinefórun, videofórun e obradoiro de interpretación co actor Celso Bugallo.   reasgalicia@reasnet.com
 
Asociación Cultural Calakux: masaxe, música electrónica a través do ordenador, expresión corporal creativa. 676 094 027  earthtouch@gmx.de
 
Centro Comercial Urbano Zona Monumental: obradoiro de subsistencia doméstica, cociña básica e esgrima. 986 866 530  info@ccuzonamonumental.com
 
Escola de Esgrima Pontevedra: esgrima.   679 760 912  esgrimapontevedra@hotmail.com
 
Fundación Secretariado Gitano: Noites Flamenkas (guitarra, percusión e cante)
986 840 911    acceder.pontevedra@fsgg.org
 
Asociación Multicultural Sinfronteras: percusión a ritmo das culturas, chi kun.
asinfronteras@hotmail.com
 
Asociación de Xordos de Pontevedra Río Lérez: lingua de signos.  986 842 971 ASPRL@mundo-r.com
 
Mareantes Rugby Club: iniciación ao rugby, rugby “terceiro tempo”. mareantesrugby@mundo-r.com    www.mareantesrugby.com
 
Club de Montañeiros de Pontevedra: escalada. 609 713 646 (mé/xo/ve de 21 a 22h)
cmponte@mixmail.com
 
Club Treboada: ximnasia artística. 670 555 722  dagomezayuso@terra.es
 
Peóns Dobrados Xadrez Club: iniciación ao xadrez, campionato de iniciación ao xadrez, campionato de afeccionados ao xadrez.  pdxc.webcindario.com/index.html
 
Club Xadrez Educativo: iniciación ao xadrez, campionato de iniciación ao xadrez, campionato de afeccionados ao xadrez.   najdorf@hotmail.com
 
Club Cabalo de Troia: iniciación ao xadrez, campionato de iniciación ao xadrez, campionato de afeccionados ao xadrez.  cabalotroia@hotmail.com
 
A Marcha Mundial das Mulleres: presentación da Manta galega dos 5 valores: igualdade, xustiza, liberdade, solidariedade e paz.  pilarsoutordei@tiscali.es  www.feminismo.info
 
Club Deportivo CC. da Actividade Física e do Deporte: EUROPOLYB (deporte policial), fútbol sala “integración” e partidos de fútbol 7. 654 912 427 
cdccafdpontevedra@hotmail.com
 
Club de Rol Tuata de Danann: xogos de rol. 699 255 941 tuatadedanann@gmail.com
 
Asociación Cultural Novos Segreis: rol en vivo, xogos de miniaturas (Heroclix e Mechwarrior), campionato de Magic.   contacto@rolenvivo.com   www. rolenvivo.com
 
Asociación de Diminuídos Psíquicos Virxe da O: A arte con nós.  986 850 251
mendeznunez@ocupa.e.telefonica.net
 
Asociación Cultural Os Carballiños: sketchs e mostras de vídeo xuvenil, gravación de sketchs na rúa. 608 284 489  teatroexpresion@wanadoo.es
 
Sociedade Cultural de Mourente: cesión de local. Avda. de Lugo, 109. Mourente. 36.004- Pontevedra.
 
Asociación Veciñal Eduardo Pondal: cesión de local.
 
 
QUEN PODE PARTICIPAR?
Noites Abertas oferta actividades para mozos e mozas de diferentes idades, nun intervalo que vai dende os 12 ata os 30 anos. Tras a valoración do ano anterior, parécenos interesante incluír neste programa a mozos e mozas a partir dos 12 anos, xa que a través deste váiselles amosando un modelo de ocupación do tempo libre  baseado na variedade de alternativas e que lles posibilite a vivencia de experiencias positivas e divertidas.
 
 
OS ESPAZOS DE NOITES ABERTAS:
 
CEIP FROEBEL: r/ Xeneral Martitegui, 3  (ao lado de Belas Artes)
CASA AZUL: r/ Sor Lucía, 2   (fronte ao Santuario das Aparicións)
TEATRO PRINCIPAL: r/ Chariño (detrás do Concello).
 
PAVILLÓN MULTIUSOS DA XUNQUEIRA: campus universitario da Xunqueira (detrás da Escola de Idiomas).
CAMPO DE HERBA SINTÉTICA E ADXACENTES: campus universitario da Xunqueira.
PAVILLÓN DO IES XUNQUEIRA 1: campus da Xunqueira.
PAVILLÓN DA UNIVERSIDADE DE VIGO: Facultade de Ciencias da Educación (antes Maxisterio).
CENTRO CULTURAL DE MONTE PORREIRO: r/ Alemaña. Monte Porreiro
LOCAL DA SOCIEDADE CULTURAL DE MOURENTE: Av. de Lugo 109, Mourente.
LOCAL A.VV. EDUARDO PONDAL: ao lado do albergue de peregrinos.
CENTRO DE ESTUDOS MÉNDEZ NÚÑEZ: praza Méndez Núñez.
SENDEIRO DO RÍO GAFOS (Pontevedra-Tomeza).
PAVILLÓN MUNICIPAL DOS DEPORTES
PRAZA DO TEUCRO
AV. DE MONTERO RÍOS
 
 
 
AS ACTIVIDADES:

As actividades desenvolveranse dende o día 17 de febreiro ao 27 de maio de 2006, venres e sábados, en horarios de mañá, tarde e sobre todo, noite.

 

 


Deportivas:

–          Iniciación ao rugby

–          Rugby : terceiro tempo

–          Tardes de Break

–          Campionato de Break

–          Fútbol sala “Integración”

–          EUROPOLYB: deporte policial

–          Fútbol-7

–          Breakdance

–          Esgrima

–          Sendeirismo nocturno

–          Chi kun

–          Iniciación ao xadrez

–          Campionato de iniciación

–          Campionato de afeccionados

–          Ximnasia artística

 

Culturais:

–          Concerto Noites Abertas

–          Obradoiro de interpretación con Celso Bugallo

–          Bailes latinos, populares e de salón

–          A arte con nós (pintura, visitas culturais,…)

–          Obradoiro de composición de cancións

–          Obradoiro de curtametraxes

–          Percusión a ritmo das culturas

–          Cine fórum: Cube, Hypercube e Cube Zero

–          Noites Flamenkas: guitarra, percusión e cante

–          Escalada

–          Rol en vivo