Hoxe, día da Internet segura, amplía a capacidade da túa conta Google

Safer Internet Day (SID) é unha iniciativa internacional que se celebra para promover unha utilización máis segura e responsable da tecnoloxía en conexión coa Internet e nos móbiles, especialmente entre as nenas, nenos e mozos.

O lema deste ano “Fai a túa parte para unha mellor Internet” parece que nin pintado para aproveitar unha oferta de Google:  se fas unha comprobación de seguranza no teu perfil de Google, a compañía californiana ofréceche 2 GB de espazo para sempre. Se es unha ANPA que utiliza unha das contas do noso dominio @nontedurmas.org, tamén se aplica, polo que recomendamos que o fagades.

O que hai que facer é acceder a esta ligazón e iniciar a sesión na conta de Google. Ao entrar terás que confirmar varias comprobacións, comezando polo teu número de teléfono, para a recuperación do contrasinal se esqueces cal era nun momento dado, e o teu correo alternativo para recuperar o acceso.

Logo, revisar os dispositivos cos que accedes á túa conta e revisar os servizos aos que permitiches o acceso para utilizar os datos da túa conta: se mantés o permiso de acceso a servizos que xa non utilizas é o momento de retiralos.

https://i0.wp.com/www.gstatic.com/ac/settings/landing/preferences_storage_600x160_ad160c0c466968c30d38207e704626de.png?resize=473%2C126&ssl=1Con iso consegues 2 GB máis na túa conta de Google (normalmente limitada a 15 GB). Ese espazo estará dispoñible tanto para Gmail como para Drive (podes comprobalo accedendo ás preferencias de almacenamento no teu perfil).