Ornitosaídas

Datas das ornitosaídas 

1 de xuño LIC Río Lérez. Guía: Vítor Cabaleiro.

7 de xuño LIC Serra do Candán. Guía: Jesús Taboada.

14 de xuño LIC Brañas de Xestoso. Guía: Juan Carlos Epifanio.

12 de xullo Serra do Suído. Guía: Juan Carlos Epifanio.

8 de novembro LIC´s Costa da Vela e Cabo Udra. Guía: José Ramón Gómez.

6 de decembro ZEPA Complexo Intermareal Umia – O Grove (CIUG). Guía: Encarna González.

20 de decembro LIC Enseada de San Simón. Guía: José Ramón Gómez.
 

As saídas ornitolóxicas serán guiadas por membros da Sociedade Galega de Ornitoloxía (SGO).

As prazas serán limitadas (máximo 25-30 persoas).

Abertas a todo o público

Saída de Pontevedra ás 9 da mañá da capela de San Roque, perto da Alameda, en minibus. Volta para a hora de xantar.

Recoméndase levar prismáticos e telescopios terrestres. En caso de tempo soleado, levar protección (lentes, gorra, e protector), e en caso de tempo frío, roupa de abrigo.

Se as condicións meteorolóxicas impiden o normal desenvolvemento da saída, esta cancelarase.

Inscrición: teléfono 986 84 03 67 (OMIX do Concello de Pontevedra) de luns a venres en horario de 9 a 14 horas.  Confirmar uns días antes da saída.

Para máis información: Manuel Fortes (ADEGA): 676 08 84 86

                                                  fortesbesada@hotmail.com