A Lei do Menor tipificará a violencia escolar

A futura Lei do menor recollerá os supostos de acoso escolar e regulará o traslado dos alumnos acosadores. O texto, que se atopa actualmente na súa fase de debate parlamentario, incorpora as novas realidades que están emerxendo con forza na sociedade.
 
O ministro de Xustiza, López Aguilar, anunciou as recentes incorporacións na Lei do menor atendendo aos novos fenómenos que se manifestan no ámbito escolar e xuvenil. A reforma pretende afasta a vítima do seu abusador. O ministrou asegurou que "se vai tipificar como unha das infraccións, de modo que a lei orgánica vai emitir a mensaxe de que ese é un comportamento non tolerado, que merece unha reprensión e unha sanción que será xudicialmente dispoñible".
 
Segundo o estudo sobre Violencia e acoso escolar en España, un de cada catro alumnos a partir dos sete anos é vítima deste tipo de comportamento. Esta situación vai diminuíndo a medida que aumenta a idade. Ademais sinala que as vítimas non son necesariamente os máis febles. Pola súa parte, o sindicato de profesores considera preocupantes estes datos e piden ao Executivo abordar este tema con decisión.