Todo o preciso para adaptar os estatutos da ANPA á lei de 2002
Toda asociación está obrigada a adaptar os seus estatutos á Lei Orgánica 1/2002, de 22 de marzo, reguladora do dereito de asociación
Información adap_estatutos
DOCUMENTACIÓN PRECISA:
- Solicitude normalizada SOLICITUDE_ADAPT_ESTATUTOS.pdf
- CIF da Asociación
- Dous exemplares orixinais da acta dá Asemblea Extraordinaria ou certificado emitido polo secretario co visto e prace do presidente do acordo de modificación adoptado, coas maioría prevista nos estatutos, para a súa adaptación ao disposto na Lei orgánica 1/2002.
- Dous exemplares orixinais dos estatutos adaptados, asinados en todas as follas polos membros da Xunta Directiva, con dilixencia ao final do documento na que conste a súa adaptación á Lei orgánica 1/2002, e que substituen aos anteriores inscritos
- Certificado do secretario/a, co visto e prace do presidente, no que se faga constar:
-Que a entidade se atopa en situación de actividade e funcionamento.
-Domicilio social dá asociación.
-Identificación dos titulares dos órganos de goberno e representación (nome, DNI, – e CIF no seu caso- domicilio e cargo que ocupan). Debe constar así mesmo a súa vixencia nos respectivos cargos da xunta directiva. - Xustificante de pago da taxa correspondente Taxas rexistro_asociacións
NORMATIVA:
- AUTONÓMICA.
Decreto 336/1996, do 13 de setembro, sobre asunción de funcións e servicios transferidos á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de asociacións e espectáculos públicos, respectivamente, polos reais decretos 1639/1996 e 1640/1996, ámbolos dous do 5 de xullo, e a súa asignación á Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais (DOG nº 182 do 17 de setembro de 1996).Enlace á normativa: - AUTONÓMICA.
Decreto 276/1997, do 25 de setembro, polo que se crea o Rexistro Central de Asociacións e se regula a organización e funcionamento dos rexistros de asociacións da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 194 do 8 de outubro de 1997).Enlace á normativa: - ESTATAL.
Lei Orgánica 1/2002, do 22 de marzo, reguladora do Dereito de Asociación (BOE nº 73 do 26 de marzo de 2002).Enlace á normativa: - ESTATAL.
Real Decreto 1497/2003, do 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento do Rexistro Nacional de Asociacións e das súas relacións cos restantes rexistros de asociacións (BOE nº 306 do 23 de decembro de 2003).Enlace á normativa:
ENTREGAR EN:
XEFATURA TERRITORIAL DE PONTEVEDRA
R/ Fernández Ladreda nº 43-andar 9º
36003 PONTEVEDRA
Teléfono: 986805312 Fax: 986805299