Lembrade presentar o modelo 347 ante a Axencia Tributaria

logo_cartas_fanpa

Estimados socios,

Recordámosvos que existe a obriga das ANPA de presentar o modelo declarativo de movementos con terceiras persoas (modelo 347) se no exercicio do ano 2015 se acumularon máis de 3.005,06 €, ben sexa de provedores ou de facturación, ou se ten percibido calquera subvención.

No seu momento, diante da incerteza de se as asociacións sen ánimo de lucro tiñan a obriga de presentar o modelo 347, a FANPA tentou facer unha consulta vinculante coa Axencia Tributaria, pero o procedemento administrativo interrompeuse na propia Axencia, sen que saibamos as causas. No entanto, temos constancia de reclamacións da Axencia Tributaria ás ANPA para que presenten a dita declaración, polo que podemos establecer xa a obriga como certa.

A presentación do modelo 347 diante da Axencia Tributaria pódese facer exclusivamente por medio telemáticos, polo que é necesario dispoñer de certificación electrónica a nome da ANPA para poder facer a tramitación. Se non fose posible conseguir a certificación electrónica, pódese acudir a unha xestoría para que o presente no nome da ANPA.

Quedamos á vosa disposición para calquera aclaración.

Saúdos cordiais,

Rogelio Carballo

Comentarios1

Os comentarios están pechados. Xa non pode engadir novos comentarios.

  1. Unha aclaración da nosa asesoría económica: Se entre os movementos económicos, unha ANPA recibe ou entrega diñeiro ao Centro ou outra entidade en concepto de DOAZÓN, entón non se declara. Simplemente ten que estar claro o concepto polo que a ANPA recibe ou entrega esa contía.