Subvencións deporte

Bases e convocatoria para a concesión de subvencións a asociacións deportivas do concello de Pontevedra para fomenta-la práctica deportiva e a participación en competicións oficiais no ano 2006 do INSTITUTO MUNICIPAL DE DEPORTES DO CONCELLO DE PONTEVEDRA.

ver BOP

As asociacións e entidades deportivas privadas, validamente constituídas sen ánimo de lucro, que teñan o seu domicilio social no Concello de Pontevedra que participen en competicións deportivas oficiais e se atopen debidamente inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións e no rexistro galego de entidades deportivas da Dirección Xeral de Deportes.

Para o financiamento destas subvencións destínase un crédito máximo de 236.000,00 €.

O prazo de presentación será ata o día 15 de novembro de 2006. As bases, e os seus anexos estarán a disposición dos interesados na administración do Instituto Municipal de Deportes ou ben poderán solicitar o envío mediante correo electrónico (imdpontevedra@terra.es).