ACTIVIDADES DIA 25 as ANPA
mosimage*Día 25 de novembro de 12 a 20h
Actividades da Federación para o dia 25 de Novembro
: PAZO da Cultura de Pontevedra – seminario 3 –
12 h -FUNCION DAS ANPA NOS COMEDORES ESCOLARES E SERVIZOS COMPLEMENTARIOS.
14 h -"Comer coma nenos" (Apuntaros por correo en info@nontedurmas.org ou chamando 986879694)
15,30 h – "Binta e a gran idea"
17h ASEMBLEA
FUNCION DAS ANPA NOS COMEDORES ESCOLARES E SERVIZOS COMPLEMENTARIOS.
día 25 de novembro ás 12h
Dirixida ás ANPA interesadas no servizo de comedor e madrugadores.
Lugar: PAZO da Cultura de Pontevedra – seminario 3 –
Asistencia libre membros de directivas das ANPA.
-Decreto de comedores
-Procedemento de solicitude de comedores e madrugadores
-Función das ANPA
-Contratación do servizo
-Seguimento e control.
– Explicación da organización do servizo por parte da empresa de catering coa que ten asinado o contrato a federación para o servizo dos comedores de Pontevedra
"Comer coma nenos"
día 25 ás 14 h
dirixida ós participantes na actividade de comedores anterior e nenos do servizo de gardería.
Dúas persoas por ANPA apuntándose antes do día 22 de novembro. Gratuíta para as ANPA federadas.
-Comida dos asistentes dun menú idéntico ó que comen os nenos nos comedores escolares e coas mesmas normas e organización co fin de que experimentemos na practica o desenvolvemento e funcionamento do servizo.
"Binta e a gran idea" Proxección dun interesante curto de 20 minutos seguido dun coloquio sobre os recursos educativos estructurado sobre dúas preguntas.
-¿As melloras na educación da poboación dependen fundamentalmente dos recursos materiais e de persoal ?
-¿Aprovéitanse suficientemente e de forma adecuada os recursos dispoñibles?
17h ASEMBLEA
*Organizaremos dende as 12h á finalización da asemblea un servizo de atención ós fillos/as dos asistentes