Condena o atentado de ETA en Mondragón

A Federación Provincial de ANPAs de Pontevedra subscribe o presente comunicado

COMUNICADO DE EDUCADORES POLA PAZ-NOVA ESCOLA GALEGA CONDENANDO O ATENTADO TERRORISTA DE ETA EN MONDRAGÓN NO DÍA DE HOXE

O colectivo Educadores/as pola Paz do Movemento de Renovación Pedagóxica Nova Escola Galega, quere expresar a súa máis firme repulsa e condena do atentado terrorista da banda terrorista ETA no día de hoxe en Mondragón (Guipúzcoa), que acabou coa vida de Isaias Carrasco.
Como educadores e educadoras comprometidos coa educación e a cultura de paz, proclamamos o dereito á vida como un principio inviolable que está por enriba de calquer ideoloxía, creenza ou relixión. Ningún fin xustifica a violación dos dereitos humanos, comezando polo dereito á vida.
En segundo lugar, queremos expresar a nosa máis profunda solidariedade coa familia e amigos da vítima. Compartimos e facemos nosa a súa dóor.
En terceiro lugar, dadas as circunstancias de estar no último día da campaña política para as eleccións ao parlamento español do próximo día 9, requerimos a todos os partidos políticos e outras asociacións que non caigan na tentación do uso do terrorismo e da dóor das vítimas para fines partidarios.
En cuarto lugar, facemos un chamamento ao conxunto da cidadanía para ter a coraxe cívica votando masivamente nas eleccións convocadas para o próximo día 9. ETA non pode condicionar o noso voto nen a axenda democratica da sociedade.
En quinto lugar, Educadores pola Paz-Nova scola Galega suma a súa voz á necesaria resposta cidadana diante deste novo atentado, e fai un chamamento especial á comunidade educativa para que este atentado non pase desapercibido. Que sexa un acto do que se fale e reflexione nos centros educativos para que se convirta en semente de paz, en semente de esperanza.

Vigo, a 7 de marzo de 2008
Asdo. Xesús R. Jares
Coordenador de Educadores/as pola Paz- Nova Escola Galega
xjares@educadorespolapaz.org