BASES REGULADORAS DAS AXUDAS PARA FINANCIAR O MANTEMENTO DOS SERVIZOS DE COMEDOR ESCOLAR PARA O CURSO ACADÉMICO 2013-2014 XESTIONADOS POLAS ASOCIACIÓNS DE NAIS E PAIS DE ALUMNOS DOS CENTROS DOCENTES PÚBLICOS DO CONCELLO DE REDONDELA

Primeira. Definición.- 

Estas bases teñen por obxecto establecer os criterios e o procedemento para a concesión de axudas económicas ás Asociacións de Nais e Pais de Alumnos/as legalmente constituídas, e que xestionan comedores escolares en centros públicos do Concello de Redondela, para o curso académico 2013/14. 

 Búscase, ademais, nestes momentos de crise económica, eficiencia na asignación e a maximización no reparto dos recursos existentes para a realización de actividades que complementen ou suplan aos de competencia municipal. 

 Segunda. Obxecto da subvención 

 As axudas económicas irán destinadas a sufragar o custo diario do menú por comensal e polos días de asistencia destes ao comedor. 

Convocatoria