Anteproxecto de decreto polo que se establece o currículo da educación secundaria obrigatoria e do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia
Para dar cumprimento ao disposto nos artigos 41 e 42 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria pon a exposición pública o anteproxecto de decreto polo que se establece o currículo da educación secundaria obrigatoria e do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia. As organizacións, as asociacións, as comunidades educativas e a cidadanía, en xeral, poden realizar as proposicións, as suxestións ou as recomendacións que estimen oportunas ao citado anteproxecto. Para iso, deben utilizar o documento “Modelo_alegacións_decreto_es”, que se achega, cubrilo segundo as instrucións que figuran nel e envialo ao enderezo de correo electrónico: curriculos@edu.xunta.es http://www.edu.xunta.es/web/node/14606