RESOLUCIÓN do 30 de marzo de 2015, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se procede a designar os membros e a facer pública a composición do xurado de selección que analizará e valorará as solicitudes dos aspirantes aos premios extraordinarios de formación profesional de grao superior correspondentes ao curso 2013/14.

Primeiro. Designar os membros do xurado de selección que deberá analizar e valorar as solicitudes dos aspirantes aos premios extraordinarios de formación profesional de grao superior correspondentes ao curso 2013/14 e facer pública a súa composición que é a que figura no anexo a esta resolución. Segundo. O xurado poderá dispoñer a constitución dunha comisión técnica especializada para colaborar na valoración dos méritos dos aspirantes. Terceiro. Esta resolución entrará en vigor o mesmo día da súa publicación. Santiago de Compostela, 30 de marzo de 2015 DOG Nº 72