Conciliaverán 2021

PRAZOS INSCRICIÓN LUDOTECAS DE VERÁN 2021: (10/06/2021)

Nota do 24 de xuño
Todas as inscrición para as quincenas de xullo, agosto e o período de setembro teñen concedida a praza na ludoteca de primeira opción. Igualmente no caso das ludotecas mensuais.
Non hai vacantes.
——

  1. Anúlanse todos os servizos de Madruga (con e sen almorzo) en todas as ludotecas.
  2. O servizo de comedor durante xullo agosto e setembro só se prestará en Campolongo, polo que queda anulado nos demais centros (Álvarez Limeses e Manuel Vidal Portela) por falta de usuarios suficientes.

En vista do que

- Se solicitou o servizo de Madruga e QUERE ANULAR a ludoteca debe enviar un correo pedindo a baixa e devolución do importe. Se non o fai, seguirá na solicitada - sen Madruga-.
- Se solicitou o comedor nun centro distinto a Campolongo, PODERÁ CAMBIAR para a ludoteca de Campolongo, quedar na solicitada sen o comedor ou pedir a devolución do importe e baixa na ludoteca

Os cambios faranse enviando un correo a  actividades@nontedurmas.org ou chamando al 986 84 34 12. 
En caso de non chamar nin enviar un correo, o menor quedará na ludoteca da solicitude inicial sen o servizo de Madruga e/ou comedor.


Nota do 21 de xuño
Todas as inscricións para o período do 23 ao 30 de xuño teñen concedida a praza.
O día 24, publicaremos a información que corresponde ás listas de ludotecas posteriores


Do 14 de xuño ás 9:00h. ao 18 de xuño ás 14:00h.: Inscricións para todas as ludotecas.

As inscricións faranse online na páxina web nontedurmas.org ou acudindo presencialmente á sede de FANPA, onde o persoal meterá no sistema os datos da solicitude.
O horario para a matrícula na oficina da FANPA será de 9 a 14 horas.

21 de xuño: publicación dos listados de admitidos da ludoteca de xuño.

Todas as solicitudes presentadas para a ludoteca deste período de xuño teñen concedida a praza solicitada

24 de xuño: publicación dos listados das ludotecas de xullo, agosto e setembro.
25 de xuño: reclamacións.
28 de xuño: publicación dos listados definitivos de xullo, agosto e setembro.

Lémbrase que tal e como aparece no díptico informativo, se o número de solicitudes é maior ao número de prazas ofertadas, procederase á baremación en base aos criterios establecidos por FANPA Pontevedra. (Consultalos no díptico informativo).

NOTA URXENTE (26 de maio de 2021)
Quedan suspendidas ATA NOVO AVISO TODAS as ludotecas organizadas pola FANPA


NOTA (18 de maio de 2021)
Queda suspendida ata novo aviso a inscrición para as ludotecas de verán (en lingua galega, lingua inglesa e deportiva de secundaria), pola estipulación das ratios por parte da Xunta de Galicia para as actividades de tempo libre. DOG 86 BIS. Punto 3.26, onde se establece que os grupos serán de 4 persoas máis monitor no interior e no exterior grupos de 6 máis  monitor. 


Conciliaverán é un programa para facilitar a conciliación laboral e a atención aos fillos que se desenvolve en época estival, organizado pola Federación Provincial de ANPA de Centos Públicos de Pontevedra, entidade sen ánimo de lucro do sector educativo e membro da comunidade escolar en colaboración coa Concellaría de Educación do Concello de Pontevedra, destinado a nenas e nenos de 3 a 12 anos (infantil e primaria).
>> Para Secundaria ofrecemos o campamento deportivo (Ver + info)

Horario

A actividade cobre de luns a venres -agás festivos- entre as 9.00 e as 14.00 horas, e está dispoñible con horario ampliado de recollida a partir das 8.30 h e ata as 14.30 horas, sen custo engadido.

Datas de realización

  • Períodos especiais do 23 ao 30 de xuño e en setembro do 1 ao 11 de setembro só en Campolongo.
  • Quendas quincenais de xullo e agosto en Marcos da Portela, Crespo Rivas (infantil), Campolongo, Vilaverde, Álvarez Limeses, Manuel Vidal Portela (inglés) e Xunqueira 2 (deportiva, só primaria).
  • Quendas mensuais de xullo e agosto en Cabanas, Ponte Sampaio e Parada-Campañó. Na Carballeira e Xeve só durante xullo.

Cronogramas

Ludotecas xerais


Ludoteca en Inglés:

Localizacións no mapa dos centros

Servizo complementario nos centros en que se dispón del

  • Madruga, de 7,30 h ata as 9.00 horas e con ou sen almorzo (tamén uso esporádico)
  • Comedor, de 14.00 h ata as 16.00 horas e con ou sen almorzo (tamén uso esporádico)
    • Uso esporádico: Deberá chamarse á empresa para avisar o día anterior en horario de 9.00 a 14 horas nó móbil 607634413.

Menús

Prezo do Conciliaverán

(por neno e quenda)

Socios/as de ANPA do Concello de Pontevedra federada na FANPA

– Quincenal 50 €/quincena
– Mensual 65 €/mes
– Especial de xuño e setembro 50 €/quincena

Non socios/as de ANPA do Concello de Pontevedra federada na FANPA

– Quincenal 63 €/quincena
– Mensual 78 €/mes
– Especial xuño e setembro 63 €/quincena

Privados, concertados e demais casos

– Quincenal 73 €/quincena
– Mensual 90 €/mes
– Especial xuño e setembro 73 €/quincena

As familias con 2 ou máis fillos matriculados no Conciliaverán terán un desconto de 5€ por neno/a

Ao solicitar ludoteca para 1 mes nas de período quincenal, cobrarase o prezo das 2 quincenas correpondentes. Nas ludotecas de período mensual, cobrarase o prezo mensual.
Exemplo: Como socio de ANPA solicito todo o mes de agosto en Campolongo? Entón corresponde aboar o custo da 1ª e 2ª quincena dese mes = 50+50 €/mes por ser de quenda quincenal.
Se solicito a ludoteca en Xeve entón o custo será de 65 €/mes por ser de quenda mensual.

Prezo dos servizos complementarios

O servizo de comedor e madruga contrátase directamente con Arume, a empresa que prestará o servizo.Débese contactar con ela directamente.
info@arumeservicios.gal – 607634413
Por outra banda, os servizos están pendentes de poder ofertarse debido á presente situación de pandemia.
Deberá haber un mínimo de 10 usuarios/as día para o servizo de almorzos e 20 usuarios/as día para vicio de comidas.

Características do servizo:
Almorzo de 07.30h a 09.00h
Comida de 14.00h a 16.00h

Onde:

  • Ceip Campolongo: última semana de xuño 2021; xullo e agosto; primeira semana setembro do 2021
  • Ceip Alvarez Limeses: xullo 2021
  • Ceip Manuel Vidal Portela: xullo e agosto

Prestaranse ambos servizos nos tres centros educativos nas datas indicadas e coas mesmas cara características que durante o curso escolar.

  • Pvp unitario servizo con almorzos 3,28€ + IVE (3,616€ IVE Incluído)
  • Pvp unitario servizo sen almorzos 2,77€ IVE Incluído
  • Pvp unitario servizo de comidas 4,99€ + IVE (5,489€ IVE Incluído)
  • Cota con almorzos: xuño 21,67€
  • Cota sen almorzos: xuño 16,61€
  • Cota comidas: xuño 32,93€
  • Cota quincena con almorzos xullo / agosto 39,77€
  • Cota quincena sen almorzos xullo / agosto 30,46€
  • Cota quincena comidas xullo / agosto 60,38€
  • Cota con almorzos setembro 18,08€
  • Cota sen almorzos setembro 13,84€
  • Cota comidas setembro 27,44€

Documentación para preparar a inscrición

Ficha correctamente cuberta

Deberá entregarse toda a documentación xunta e non se admitirá ningunha matrícula que non teña a documentación completa. Non se aceptará documentación despois de estar feita a matrícula. Tanto para a matrícula presencial como telemática.

Copias de :
– DNI da nai/pai/titor
– Tarxeta sanitaria do menor
– Volante de empadroamento (ou conceder permiso á FANPA para consulta directa ao Concello)

Este certificado é necesario para a inscrición. Se non o ten e non pode obtelo electronicamente, debe indicar que autoriza a que a FANPA faga a consulta no Padrón Municipal. Puntuarase unha vez que fagamos a consulta.

– (Xustificante de pago adiantado polo banco se vai facer inscrición presencial con transferencia bancaria; na inscrición telemática existe a opción de acreditar o pago mediante transferencia ou pago con tarxeta de crédito, neste último caso o pago mediante a pasarela bancaria xa acredita o ingreso por si mesmo)
– Acreditación de ser socio de ANPA federada (carné ou recibo)
– Acreditación de ser familia monoparental
– Certificación do entro escolar onde esta matriculado ordinariamente o menor (non é necesario para os socios de ANPA federada)
– Vida laboral ou cabeceira da última nómina

Pago do Conciliaverán

As persoas que non fagan o pago telemeticamente (a través da pasarela de pagamento bancario) deberán presentar ou engadir a copia do xustificante de pago no momento da inscrición. Para o caso das transferencia deberá facer o ingreso no número de conta de ABANCA:

Conta:

ES75 2080 5403 4130 4012 0558

poñendo como concepto “Nome e apelidos do neno” e “centro e quenda na que se inscribe”

Non se realizará devolución de pago de matrícula, salvo que o programa Conciliaverán non poida facerse dada a actual situación ou se se elimina algún centro por non acadar o número mínimo de asistencia. En ambos casos a FANPA devolverá o importe íntegro da cota.

Prazo de presentación de solicitudes de matrícula

Presencial: no local da FANPA (r/Xan Guillermo, 9 de Pontevedra) do día 14 de xuño ao 18 en horario de 9.00 a 14.00 horas. Poranse computadores e persoal a disposición pública para realizar a inscrición.

Descargar a ficha de inscrición en PDF
Nota: as datas de formalización da matrícula que constan na ficha non son as actuais, as que valen son as que constan nesta páxina web.

Telemática: Cubrindo o formulario en liña no enderezo seguro https://fanpa.gal desde as 9.00 horas do día 14 de maio ata as 14.00 horas do día 18 de xuño sen interrupción

Inscrición telemática

Proceso de inscrición pechado

Normas do servizo

(Importante) > Consentimento informado


Formalización da praza

– 21 de xuño, listas de xuño
– 24 de xuño, listas de xullo, agosto e setembro
– 25 de xuño, reclamacións
– 28 de xuño, listas definitivas de xullo, agosto e setembro

Folleto completo en PDF :