Campamento deportivo para Secundaria 2021


PRAZOS INSCRICIÓN (Nota do 10 de xuño de 2021)

Do 14 de xuño ás 9:00h. ao 18 de xuño ás 14:00h.: Inscricións para todas as ludotecas.

As inscricións faranse online na páxina web fanpa.gal ou acudindo presencialmente á sede de FANPA, onde o persoal meterá no sistema os datos da solicitude. O horario para a matrícula na oficina da FANPA será de 9 a 14 horas.



NOTA URXENTE (26 de maio de 2021)
Quedan suspendidas ATA NOVO AVISO TODAS as ludotecas organizadas pola FANPA.


NOTA URXENTE (18 de maio de 2021)
Queda suspendida ata novo aviso a inscrición para as ludotecas de verán (en lingua galega, lingua inglesa e deportiva de secundaria), pola estipulación das ratios por parte da Xunta de Galicia para as actividades de tempo libre. DOG 86 BIS. Punto 3.26, onde se establece que os grupos serán de 4 persoas máis monitor no interior e no exterior grupos de 6 máis  monitor. 

Datas e lugar de realización:
CEIP Xunqueira I.
Días laborables do mes de xullo e primeira quincena de agosto.
En horario de 9:00 a 14:00 horas, e de 8:30 a 14:30 horas en horario
ampliado.

Prazos de inscrición:
Do 14 ao 18 de xuño a través do formulario que estará a
vosa disposición no noso web nontedurmas.org, ou presencialmente nas oficinas da FANPA.

Documentación:
– Xustificante do centro onde estuda o participante
– Xustificante de pagamento da ludoteca (ingreso na conta ES5720805403403040102986) en caso de non facerse o pago mediante tarxeta bancaria
– Copia da tarxeta sanitaria do menor.

Prezo:
40 euros/quincena para matriculados en centros públicos do concello de
Pontevedra.
50 euros/quincena demais casos.

Entre outras actividades practicaranse os seguintes deportes:

  • Básket
  • Freesbe
  • Vóleibol
  • Bádminton
  • Tiro con arco
  • Ciclismo
  • Balonmán
  • Rugby
  • Fútbol
  • Deportes de auga

Cronograma das actividades