SUBVENCIÓNS DESTINADAS Á ADQUISICIÓN DE EQUIPOS INFORMÁTICOS PARA FAMILIAS CON ALUMNOS/AS DE EDUCACIÓN PRIMARIA E SECUNDARIA OBRIGATORIA, BACHARELATO, FORMACIÓN PROFESIONAL BÁSICA, FORMACIÓN PROFESIONAL DE GRAO MEDIO OU EDUCACIÓN ESPECIAL
Financiar a adquisición de dispositivos dixitais (ordenadores portátiles e ordenadores de sobremesa) polas familias de Pontevedra, para o seu uso polo alumnado menor de idade de educación primaria e secundaria obrigatoria, bacharelato, formación profesional básica, formación profesional de grao medio ou educación especial de centros docentes sostidos con fondos públicos, empadroado no Concello de Pontevedra
Máximos: 400,00 (catrocentos) euros por estudante menor de idade, 2000 €/familia; a porcentaxe subvencionable poderá chegar ata o 100% do custe da actuación.
Prazo: 1 mes