V Premios da Xuventude da Deputación de Pontevedra

O servizo de Cohesión Social e Xuventude da Deputación de Pontevedra informa que está aberto o prazo de inscrición da V Edición dos Premios Provinciais á Xuventude 2021, iniciativa que ten como finalidade poñer en valor e promover o talento e o potencial da mocidade na nosa provincia.
Esta convocatoria, está dirixida á mocidade de entre 16 e 35 anos de idade, nas modalidades de iniciativa social, iniciativa empresarial, contido dixital, traballo musical, traballo literario breve, banda deseñada, fotografía orixinal e deseño de moda, empadroados en calquera dos concellos da provincia de Pontevedra.
A modalidade de educación en valores está dirixida aos centros de educación secundaria da provincia de Pontevedra en cuxos proxectos participen alumnas e alumnos de idades comprendidas entre os 12 e os 18 anos.
Bases:
Pode consultar as bases reguladoras da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia: https://boppo.depo.gal/web/boppo/detalle/-/boppo/2021/03/15/2021011572 e corrección de erros https://boppo.depo.gal/web/boppo/detalle/-/boppo/2021/03/18/2021012402
Se precisades mais información ou algunha aclaración sobre o contido da convocatoria ou a forma de solicitar a inscrición, non dubidedes en contactar con nos a través do correo electrónico cohesionsocialexuventude@depo.gal ou telefonicamente no 986 804 100.
O prazo de inscrición será de tres (3) meses.
Cada solicitude incluirá un código único de preinscrición.
Admitirase só unha solicitude por cada persoa en cada unha das categorías
Debe estar conectado para enviar un comentario.