ACTIVIDADES DIA 25 as ANPA

mosimage*Día 25 de novembro de 12 a 20h

Actividades da Federación para o dia 25 de Novembro

: PAZO da Cultura de Pontevedra – seminario 3 –

12 h -FUNCION DAS ANPA NOS COMEDORES ESCOLARES E SERVIZOS COMPLEMENTARIOS.

14 h -"Comer coma nenos" (Apuntaros por correo en info@nontedurmas.org  ou chamando 986879694)

15,30 h – "Binta e a gran idea"

17h ASEMBLEA

FUNCION DAS ANPA NOS COMEDORES ESCOLARES E SERVIZOS COMPLEMENTARIOS.

 día 25 de novembro ás 12h

Dirixida ás ANPA interesadas no servizo de comedor e madrugadores.

Lugar: PAZO da Cultura de Pontevedra – seminario 3 –

Asistencia libre membros de directivas das ANPA.

-Decreto de comedores

-Procedemento de solicitude de comedores e madrugadores

-Función das ANPA

-Contratación do servizo

-Seguimento e control.

– Explicación da organización do servizo por parte da empresa de catering coa que ten asinado o contrato a federación para o servizo dos comedores de Pontevedra  

"Comer coma nenos"

día 25 ás 14 h

dirixida ós participantes na actividade de comedores anterior e nenos do servizo de gardería.

Dúas persoas por ANPA apuntándose antes do día 22 de novembro. Gratuíta para as ANPA federadas.

-Comida dos asistentes dun menú idéntico ó que comen os nenos nos comedores escolares e coas mesmas normas e organización co fin de que experimentemos na practica o desenvolvemento e funcionamento do servizo.

"Binta e a gran idea" Proxección dun interesante curto de 20 minutos seguido dun coloquio sobre os recursos educativos estructurado sobre dúas preguntas.

   -¿As melloras na educación da poboación dependen fundamentalmente dos recursos materiais e de persoal ?

   -¿Aprovéitanse suficientemente e de forma adecuada os recursos dispoñibles?

 

17h ASEMBLEA

*Organizaremos dende as 12h á finalización da asemblea un servizo de atención ós fillos/as dos asistentes