Calendario escolar 2018-2019

Orde do 28 de maio de 2018 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2018/19 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia.

– Ata o 5 de setembro de 2018, exames de setembro

– Ata o 10 de setembro, prazo de matrícula extraordinario

Os comedores escolares en centros públicos:

– educación primaria desde o día 12 de setembro de 2018 ata o 21 de xuño de 2019

– educación secundaria obrigatoria, desde o día 17 de setembro de 2018 ata o 21 de xuño de 2019.

Clases
1. No 2º ciclo de educación infantil, na educación primaria e na educación especial, a
impartición efectiva de clases realizarase do día 12 de setembro de 2018 ao 21 de xuño de 2019, ambos inclusive.
2. Na educación secundaria obrigatoria, no bacharelato e na formación profesional, a
impartición efectiva de clases realizarase do día 17 de setembro de 2018 ao 21 de xuño de 2019, ambos inclusive.

O período de adaptación do alumnado de educación infantil non se poderá prolongar máis de 10 días lectivos desde a data de inicio das clases.

Novidade importante!

Adaptación do calendario das probas extraordinarias de Bacharelato á ABAU

As probas extraordinarias de 2º de Bacharelato (que tradicionalmente ata o de agora se realizaban en setembro nos centros) realizaranse entre o 17 e o 21 de xuño de 2019.

Deste xeito acomódanse perfectamente os calendarios do ensino non universitario e universitario logo do acordo da Comisión Interuniversitaria de Galicia (CIUG) e as tres universidades do Sistema Universitario de Galicia (SUG) de adiantar ao mes de xullo a realización da proba extraordinaria de acceso á universidade (ABAU), que ata o momento se vén realizando en setembro.

CALENDARIO ESCOLAR 18-19

 

Comentarios0

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*