Nova Xunta Directiva de FANPA-PONTEVEDRA

Queremos agradecer a asistencia a todas as ANPA que estiveron presentes na asemblea xeral de socios/as da nosa Federación  no día de hoxe.Sabemos que sempre é un esforzo poder participar, por iso para nós significa moito a vosa presenza.

Hoxe produciuse un cambio de directiva, acaba a súa andaina Manuel Alvite Vidal como Presidente da FANPA , despois dun intenso ano de traballo.Colle o seu relevo Alberto Pita, na secretaría Laura Fernández e na tesoureiría Benito  González  Dopazo. Estes cargos que foron refrendados en asemblea e formarán unha nova Xunta Directiva.