Concurso sobre iniciativas para afrontar o acoso escolar e o ciberacoso

Concurso de CEAPA dirixido a nenos, nenas e adolescentes sobre iniciativas para afrontar o acoso escolar e o ciberacoso. O obxectivo do concurso é promover a participación e o compromiso infantil na creación de ideas e iniciativas que permitan previr o acoso escolar e o ciberacoso e crear un espazo para empoderar os nenos, nenas e adolescentes, dándolle un papel protagonista na resolución dos seus conflitos.

O concurso consta de dúas categorías:
A. Concurso de debuxo ou collage dirixido a nenos e nenas de 6 a 12 anos.
B. Concurso de cómic ou collage de fotografías dirixido a adolescentes de 12 a 16 anos.
Cada unha das categorías terá tres premios (primeíro, segundo e terceiro).
Quen se pode presentar?
Poderá participar no concurso cualquera neno, nena ou adolescente dun centro público con ANPA asociada a unha das
federacións e confederacións de CEAPA. As idades dos participantes deben estar entre os 6 e 16 anos.
Como e onde?
O traballos e datos débense enviar a través da plataforma de xestión de concursos (http://ceapaconcursos.es/concurso/9),
atendendo os requirimentos que se indican.