Programación da Feira Mundonenos 2018 – Salón das Familias e Nenos

Mundonen@s a única feira de Galicia dirixida ás familias con fillos de 0 a 16 anos, chega á súa segunda edición do 23 ao 25 de febreiro. Nela os visitantes poderán coñecer produtos e servizos innovadores en máis de 1.500 metros de exposición. Ademais conta con actividades como contacontos, talleres didácticos, xogos tradicionais, música e festa infantil, entre outras, para gozar en familia dunha experiencia lúdica e participativa.

A FANPA participa na difusión da nova edición.  Aquí vos deixamos o programa completo de obradoiros, charlas e demais.