Teatro infantil na biblioteca pública de Pontevedra

ESTE VENRES 19 DE FEBREIRO  ÁS 18:30 H.

A  Biblioteca Pública de Pontevedra acolle a obra “XOANIÑA DENTES VERDES” de Títeres Titirimaña, dentro do programa de actividades culturais “Letras vivas” da Consellería de Cultura.
Sabeliña é unha rapaza moi, moi boa, os seus pais están moi ledos. Só hai unha cousa que os atormenta, non conseguen que Sabeliña lave os dentes. Para resolver este problema a nai falará coa bruxa Xoaniña. Pero que pasará entre a bruxa e Sabeliña?…
Recomendada para un público infantil ata 8 / 9 anos . Duración aproximada de 50 min. No Salón de actos da biblioteca. Entrada libre ata completar aforo