Método de aritmética mental con ábaco

É  un programa de desenvolvemento  intelectual deseñado para estimular unha utilización máis completa do  cerebro, especialmente do hemisferio  dereito.

UCMAS contribúe a desenvolver  a concentración, memoria visual e auditiva, autoconfianza, creatividade  e en definitiva, as competencias básicas necesarias, para ser quen  de afrontar calquera  reto que requira esforzo mental.

A través do cálculo mental  e utilizando como ferramenta de aprendizaxe o ábaco, os alumnos/as  pasan do  mundo físico ao abstracto; conseguindo  independizarse de dita ferramenta  e transferir  os coñecementos   a un ábaco mental ( imaxinario). No transcurso desta acción contribúese á  consecución dos diferentes obxectivos propostos e dos beneficios  que supoñen   a  aprendizaxe  do método.

• Beneficios para os estudantes:

O proxecto educativo UCMAS contribúe a evitar o  fracaso escolar  e capacita  ao  alumno/a para unha formación ao longo da vida.Para a obtención dos diferentes beneficios  que conforman o método, requírese práctica diaria.  
UCMAS incrementa a exactitude  e a velocidade, ademais de mellorar a memoria.

 Axuda a aumentar a capacidade de aprendizaxe, escritura, lóxica, análise e investigación. Estimula a concentración así como a comprensión. Axuda a desenvolver a imaxinación, mellorar o rendemento académico do neno/a .

• Destinatarios:nenos/as   de idades comprendidas entre  os  6 e  os 13 anos
• Niveis: os grupos estarán distribuídos en dous niveis  por idades:
GRUPO KG: nenos e nenas  de  5 a  7 anos
GRUPO BASIC:   nenos e nenas  de  8 a 13 anos
• Data de realización: de outubro  de 2012 a xuño de 2013
• Días e horario:  dúas horas semanais por grupo

o Martes e xoves de 16:30h a 17:30h – GRUPO KG:  nenos e nenas  de  5 a  7 anos

o Martes e xoves de  17:30 a 18:30h – GRUPO BASIC: nenos e nenas  de  8 a 13 anos

• Prezo: O custo mensual por alumno UCMAS será de 40€  mensuais (IVA incluído)
• Material del alumnado:  O materia do  alumno inclúe dous libros por nivel,  un caderno de exercicios por nivel, o estoxo co  ábaco ao  comezo do programa e as certificacións de cada nivel. O custo do material para cada curso escolar será de 30€ máis IVE.
• Lugar de realización:  no CEIP Manuel Vidal Portela,  avda. Buenos aires  26,  Pontevedra.

 

Formulario de inscrición