Actívate no Nadal

Cando se realiza? Nas vacacións de Nadal, días: 28, 29 e 30 de decembro, 4, 7
e 8 de xaneiro.

A quen vai dirixido? Aos Alumnos/as de secundaria dos IES públicos de Pontevedra.
Onde se realiza?
No CEIP FROEBEL (próximo á Biblioteca Pública de Pontevedra)
En que horario? Pola tarde de 16:30 a 19:30 h. cunha duración de hora e media
por obradoiro.
Como podes participar?
Tódalas actividades son gratuítas para os socios das ANPA que deberán acreditar a súa condición de socios mediante carné da ANPA ou recibo bancario, e cun custo de 15 ¤ para os non socios, que se farán efectivos no mesmo día da actividade, podendo participar nunha ou máis actividades en función das prazas dispoñibles.
Que modalidades de inscrición tes ?
A. Por teléfono, chamando ao número da FANPA: 986 843 412 en horario de mañá de 9:00 a 14:00 h.
B. Mediante solicitude de inscrición cuberta, entrando na páxina web da FANPA:
www.nontedurmas.org e enviándoa a dirección de correo: info@nontedurmas.org
Inscricións gratuítas para os socios das ANPA e 15 € para os non socios, podendo asistir a unha ou máis actividades do Programa.

Fanpa_Cartel_Activate_.pdf

Fanpa_Diptico_Activate_.pdf