Xornadas de formación para Xuntas Directivas 2018

Temática: organización da asociación e participación na xestión escolar

Anunciamos a realización dunha xornada de formación de xuntas directivas, centrada nos aspectos societarios: estatutos, asembleas, socios e documentación legal.

Datas

A xornada terá lugar o día 10 de marzo, sábado, Seminario 1 na Sala de Conferencias do Auditorio Municipal de Vilagarcía de Arousa partir das 9.00 cun período de descanso a media mañá e quenda de consultas particulares ao final. Finalización prevista: 13:00 horas.

icon-car.png
Auditorio Municipal de Vilagarcía de Arousa

cargando mapa - por favor, espere...

Auditorio Municipal de Vilagarcía de Arousa 42.598121, -8.767139 Enderezo: Avenida da Mariña, s/n, 36600 Vilagarcía de Arousa, Pontevedra  

Obxectivo e contido

Para realizar unha eficaz xestión da ANPA é preciso ter uns coñecementos mínimos sobre o seu funcionamento e sobre o Centro Escolar; por tal motivo cada ano organizamos “Cursos de Formación para directivos das ANPA” dirixido especialmente a todas as novas xuntas directivas que vos incorporades por primeira vez á vosa asociación, pero tamén a todas e todos aqueles que nunca participastes ou desexedes volver facelo para facer consultas específicas.

Neste Curso atoparedes información e formación sobre todos os aspectos importantes relacionados co funcionamento da ANPA: as súas funcións, fins e obxectivos, o seu marco legal, como se crea, como se planifican as actividades extraescolares, instrumentos de participación como os consellos escolares, etc.

Esta xornada axudaranos a cumprir, con máis facilidade, o noso compromiso a favor dunha educación democrática, inclusiva e de calidade, ao servizo dás nosas fillas e fillos, así como coñecer nosos dereitos e deberes como pais e nais e como ANPA

Relator

Nuria Martínez Pigueiras
Confapa Galicia

PROGRAMA

9:30 Entrega de documentación e presentación.

10:00 “As ANPAS e a súa xestión “  -Réxime de funcionamento

  • Obrigas documentais.
  • Libro/rexistro de socios, actas, asembleas
  • Documentos Administrativos
  • Instrumentos de participación

Descanso

  • Finalidades
  • Dereitos
  • Actividades extraescolares

12:30: Intervencións dos asistentes.

PARTICIPAR É UN DEREITO, PERO TAMÉN É UN DEBER SOCIAL.

Para o mellor aproveitamento da xornada entregarase apoio documental


Inscrición

Un por liña...
Poden escollerse varias