Xornadas de formación para Xuntas Directivas 2018
Temática: aspectos económicos da xestión da túa ANPA
Anunciamos a realización dunha xornada de formación de xuntas directivas, centrada nos aspectos económicos: conta, orzamentos, subvencións, responsabilidades e documentación fiscal.
Datas
A xornada terá lugar o día 24 de marzo, sábado, en A Estrada partir das 9.00 09.30 horas cun período de descanso a media mañá e quenda de consultas particulares ao final.
Lugar
En breve concretaremos o local pero xa podedes inscribirvos no formulario ao pé desta nota.
Obxectivo e contido
PROPORCIONAR COÑECEMENTOS BÁSICOS DE FORMA CLARA E SINXELA QUE PROPORCIONEN UNHA AXUDA NO ÁMBITO DA XESTIÓN ECONÓMICA DAS ANPAS
PARTE 0: Introdución.
PARTE 1: Marco Fiscal.
PARTE 2: Subvencións: concepto e tipoloxía.
i. Fases para xestión de subvencións: modelos prácticos
ii. Xustificación económica e operativa
PARTE 3: Contabilidade.
PARTE 4: Responsabilidade nas asociacións.
Relator
Javier Leis
Algalia, Servizos para o Terceiro Sector. Socio-Responsable Área Asesoría
Para o mellor aproveitamento da xornada entregarase apoio documental
Debe estar conectado para enviar un comentario.