Presentación ante as ANPA de Pontevedra do proxecto “Redes de innovación para a inclusión educativa e social”
Última hora: Queda aprazada a reunión informativa para o vindeiro mércores, día 25 de maio de 2016, ás 18.00h.
Prégase confirmación de inteción de asistencia.
===============
A Universidade de Vigo convídanos a participar nun gran proxecto de investigación e innovación educativa.
O vindeiro xoves, 19 de maio de 2016, farase unha reunión informativa ás 18:00 na sede da.FANPA, onde Angeles Parrilla, a directora do proxecto, expoñerao para os asistentes.
Solicitámosvos que CONFIRMEDES asistencia como representantes de ANPA
a esta reunión informativa.
——————————
Un breve resumo do que se explicará na reunión:
——————————
A Universidade de Vigo pon en marcha un proxecto titulado Redes de Innovación para la Inclusión Educativa y Social (2016-2019) en colaboración coas universidades de Cantabria, País Vasco e Sevilla.
Trátase de facer un estudo para indagar como poder as escolas e a comunidade local constituír ecosistemas de innovación tendentes a fortalecer e mellorar a capacidade inclusiva do entorno educativo e local.
O proxecto desenvolverase no ámbito educativo e social do Concello de Pontevedra, aberto á participación das ANPA e outros axentes sociais e educativos. Necesitase crear equipos de traballo de base comunitaria e cidadá nos que converxan profesionais, institucións e prácticas
alternativas incluso as «pouco ortodoxas».
Crearanse grupos de traballo participativo co fin de xerar iniciativas innovadoras durante un período de 12 meses con varios ciclos e ata 5 fases: elección do tema ou ámbito de intervención, análise de oportunidades e barreiras no ámbito de intervención e identificación dos puntos claves para intervir xunto co deseño dun proxecto para poñer en marcha, desenvolvemento e avaliación.
Como exemplo, estímase a creación de grupos para ámbitos temáticos prioritarios:
- Os dereitos dos nenos e xoves en situación de vulnerabilidade
- Causas fundamentais do baixo nivel educativo: aprendizaxe inclusiva
- Causas fundamentais da desmotivación e posterior abandono escolar temperán
- Participación cívica e política dos mozos/as na toma de decisións
- Mobilidade e acción social
- Desenvolvemento social e emocional dos nenos e mozos/as en risco de exclusión
- A igualdade de xénero cultural
- Concienciación social e escolar sobre creación de espazos máis
democráticos e inclusivos - Experiencias sobre discapacidade a través de actividades sociais e escolares
- Procesos de éxito en marcha en centros educativos, entidades ou
asociacións (por exemplo, o camiño escolar, etc.
Anexo:
Debe estar conectado para enviar un comentario.