Asemblea Xeral Extraordinaria de CONFAPA GALICIA en Pontevedra

Hoxe sábado 16 de novembro ás 11.30 h, no CITA, celebrarase a Asemblea Xeral Extraordinaria de CONFAPA GALICIA (Confederación Galega de ANPA de Centros Públicos).

No gaio de actualizar e mellorar a participación de tódalas ANPA de Galicia, presentaranse as modificacións dos estatutos actuais aos delegados nomeados de cada Federación Provincial.

Modificación dun artigo e o rexistro dos estatutos en galego

CONFAPA GALICIA agrupa ás catro federacións provinciais, e ven desenvolvendo unha intensa actividade en defensa dos pais e das nais ante o actual marco lexislativo cambiante. Ten presenza no CEG (Consello Escolar de Galicia) e nas súas últimas intervencións, van por a presentación dunha moción no decreto de comedores e ser parte activa da marea verde de todo o estado.