Convocatoria de asemblea extraordinaria

Compráceme convocalo/a á Asemblea Xeral Extraordinaria.

 

Día: 08 de febrero de 2014

Hora:  10.00 horas en primeira convocatoria e ás 10.30 horas en segunda convocatoria

Lugar: Salón de actos do Pazo da Cultura de Pontevedra

 

ORDE DO DÍA

 

Lectura e aprobación da acta da asemblea anterior se procede.

Aprobación do traslado da nova sede da FANPA.

Candidaturas, exposición de cadanseu programa  e eleccións de nova Xunta Directiva.

Rolda de intervencións.

 

O proceso de presentación de candidaturas e de elección de Xunta Directiva establécese segundo o Artigo 16º dos estatutos da FANPA:

 

Para ser membro da Xunta Directiva serán requisitos necesarios: ser maior de idade, estar en pleno uso dos dereitos civís e non estar incurso en motivos de incompatibilidade establecidos na lexislación vixente.

A elección da Xunta Directiva, farase mediante listas pechadas, que se presentarán ante a secretaría da FANPA cunha antelación de 24 horas dende a primeira convocatoria de Asemblea na que se elixirán os cargos. O/A presidente/a, secretario/a e tesoureiro/a serán nomeados pola Asemblea Xeral Extraordinaria entre as candidaturas presentadas logo da exposición de cadanseu programa de actuación. As candidaturas serán sometidas a votación libre e secreta na Asemblea, despois da identificación das delegadas e delegados con dereito a voto.

Todos os demais cargos, é dicir os vogais, poderán ser ocupados por socios/as, que poden  presentarse incluídos nunha candidatura ou de maneira individual e sen máis requisito que comunicalo coa suficiente antelación á Xunta Directiva, para a súa inclusión como elixibles, ou ben poden ser designados pola presidencia electa, sen máis requisito que a súa conformidade e aprobación da Asemblea.

Se non houbese candidaturas, a Asemblea Xeral poderá nomear un presidente ou presidenta que o/a facultará para que nomee as persoas que estime convenientes para ocupar os cargos restantes.

As candidaturas deberán achegar a seguinte documentación:

– Unha listaxe con todos os membros da candidatura asinada pola persoa que a encabece.

– Acreditar ser pai, nai ou titor/a dun alumno/a socio/a dunha ANPA integrada na FANPA.

– Fotocopia do DNI.

– Aceptación do cargo para a candidatura na que participa.

 


Só terán voz e voto dous membros de cada ANPA debidamente acreditados (certificado Xunta Directiva actual). As acreditacións enviaranse asinadas antes da asemblea por carta ou a info@nontedurmas.org antes do venres 7 de febreiro ás 12.00 h. O día da asemblea poderán entregar os orixinais, sempre e cando se recibise a documentación escaneada en tempo e se comprobe a súa autenticidade.

Acreditación word

Acreditación pdf

Convocatoria pdf